Sábado, 20 Setembro de 2025

Comarcas

A Eurocidade Tui-Valença celebrará o seu décimo segundo aniversario cun gran concerto o vindeiro sábado 10 de febreiro

A Eurocidade Tui-Valença celebrará o seu décimo segundo aniversario o próximo sábado, 10 de febreiro, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui nun concerto a cargo de catro agrupacións tudenses e valencianas. participarán no evento músicos pertencentes ao Conservatorio Profesional de Música de Tui, á Academia de Música da Fortaleza de Valença, á Asociación Musical de San Pedro da Torre e á Banda de Música Popular de Tui.

Salceda investirá máis de 1 millón de euros na renovación do seu alumeado público

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle xa a apertura da licitación do proxecto de renovación do alumeado público exterior no Concello de Salceda de Caselas, con un orzamento de 1.398.731,82 €. O proceso de presentación de ofertas estará aberto ata o vindeiro 26 de febreiro.

Pablo Barcia destaca que unha lei promovida polo PPdeG consegue o mantemento da actual praza de pediatría de Mondariz

O voceiro municipal do PP de Mondariz, Pablo Barcia, vén de anunciar a próxima cobertura con carácter fixo da actual praza de pediatría no centro de saúde do municipio trala resolución dun concurso de méritos para prazas sanitarias de difícil cobertura, que se resolverá nos vindeiros días e que permitirá manter a este profesional, como na actualidade, de xeito compartido co Concello de Covelo.

O BNG desenvolverá dende a Xunta un Plan de equilibrio territorial que beneficie A Paradanta

O BNG desenvolverá dende a Xunta un ‘Plan de equilibrio territorial’ para actuar nos territorios da Galiza cun nivel de renda máis baixo como os concellos da Paradanta, Ourense ou o interior de Lugo. O cabeza de lista do Bloque Luís Bará así o comprometeu hoxe nunha reunión con diferentes colectivos en Covelo, onde destacou que o goberno galego co BNG á fronte realizará investimentos públicos e actuacións de discriminación positiva para mellorar os servizos públicos de todo tipo co fin de corrixir o desequilibrio existente con respecto outras áreas máis urbanas e desenvolvidas.

Arrinca o “Salceda Activa” con actividades para miores de 55 anos

O concello de Salceda de Caselas en colaboración con AFAGA ( Asociación de Familias de Persoas Enfermas de Alzheimer e outras demencias de Galicia) vai desenvolver unha nova edición dos programas "Cultiva a mente" e "Estimulación cognitiva" no Centro Neuroactivo que se atopa na parroquia de San Xurxo.

Os socialistas da Guarda destacan o compromiso de Besteiro coa VAP e o Centro de Día comarcal

O PSdeG-PSOE da Guarda desenvolveu un acto na glorieta de Goián que contou coa presenza das candidatas Leticia Gallego e Fátima Rodríguez, para agradecer os compromisos de José Ramón Gómez Besteiro co vial de alta capacidade A Guarda-Tomiño (VAP) “que a Xunta ven dilatando desde fai 15 anos, e coa posta en marcha dun Centro de Día Comarcal”, sinalaron as candidatas socialistas.

Ponteareas axudica a subministración do servizo eléctrico por 825 000 euros e cancela a débeda municipal anterior

Ponteareas adxudica a subministración do servizo eléctrico por un importe que ascende aos 825.000 euros. A duración do contrato é dun ano. Así o anunciou o concelleiro de Facenda, Francisco Represas, no pleno municipal no que, ademais, se aprobou o último tramo do plan de pagos que posibilita finalizar coa débeda contraída neste servizo durante o ano 2022.

Redondela conta con 36 casos de violencia de xénero con seguimento policial

A día de hoxe no municipio de Redondela existen 36 casos activos de violencia de xénero, segundo datos recollidos no Sistema VioXén, o programa de seguimento integral de vítimas. O ano 2022 pechárase co 28 casos activos.

Un total de 629 propietarios reciben no Concello os títulos de propiedade da concentración parcelaria de Oroso, A Cañiza

O Salón de Plenos do Concello da Cañiza acolleu o acto de entrega dos títulos de propiedade da concentración parcelaria de Oroso aos 629 titulares que de xeito organizado foron atendidos polos funcionarios da Consellería de Medio, un acto no que participaron o conselleiro de Medio Rural, José González e o alcalde da Cañiza, Luis Piña. Foron un total de 740 hectáreas que se reorganizaron pasando de 13.110 parcelas a 1.890, cunha media de 3.915 m2 conseguindo, con esta medida, unha superficie 6 veces maior que as parcelas antigas que tiñan por media uns 564 m2)

Javier Jurado desvela o poder da música na «IX Semana da Educación» de Tomiño

Os actuais avances sobre neurociencia avalan que a música é unha das materias capaces de activar todo o cerebro, xunto á educación plástica e visual e a educación física. Máis alá da súa importancia como porta de entrada á arte e á súa apreciación, a música é “unha ferramenta que fomenta a aprendizaxe e o rendemento, desenvolve o pensamento transversal e constrúe persoas máis afectivas, ledas e prudentes”.

Luis López redobra o compromiso do PP con Tomiño tras investir 20,6 millóns de euros a Xunta na última lexislatura

O presidente do PP Provincial e da Deputación de Pontevedra, Luis López, puxo en valor “a aposta e os feitos” da Xunta de Galicia polo Concello de Tomiño e redobrou o compromiso do Partido Popular con este municipio do Baixo Miño tras investir 20.661.362 euros desde o Goberno galego na derradeira lexislatura.

A ruta «D·Gusta Porriño 2023» entrega os seus premios

O Concello do Porirño acolleu o acto de entrega dos premios ás persoas gañadoras da Ruta de pinchos e tapas «D·Gusta Porriño 2023», organizada por Ahospor en colaboración co Concello do Porriño.