Sábado, 20 Setembro de 2025

Comarcas

Primeira xornada da actividade de interpretación astronómica ‘Ceo de inverno. 4 estacións Starlight’ en Covelo

O Concello de Covelo abre o prazo para inscribirse na xornada de interpretación astronómica 'Ceo de inverno. 4 estacións Starlight'. Enmarcada na programación de actividades anuais que oferta o Concello de xeito estable e gratuíto, a actividade desenvolverase no conxunto xeográfico do Faro de Avión o vindeiro venres 16 de febreiro aberta a tódolos públicos incluso para aquelas que teñan mobilidade reducida.

Tomiño adía o seu Venres de Foliada ao 23 de febreiro por cuestións meteorolóxicas

Tomiño adiará o seu tradicional Venres de Foliada dúas semanas. O Concello trasladará o desfile ao vindeiro venres 23 de febreiro, unha nova data establecida contando co parecer das comparsas e adaptando o agardado encontro a unha data na que non interrompera outras actividades xa axendadas por parte das entidades participantes.

Conta atrás para a programación de Entroido na Guarda, que traslada as actividades á Carpa instalada na Alameda

A programación de Entroido na Guarda está articulada fundamentalmente en torno ás actividades infantís e de animación musical, de xeito que entre o sábado e o luns á tarde haberá unha actividade festiva dirixida ás crianzas e familias seguida de animación musical a cargo dunha charanga da nosa contorna e o sábado á noite, Festa DJ a partir das 23.30 h, centralizándose toda a actividade na Alameda. As adversas previsións meteorolóxicas fixeron preciso trasladar as actividades que se ían celebrar noutros lugares á carpa situada na centrica alameda guardesa.

O IES Salvaterra de Miño organiza unha plantación en Lira dentro do proxecto ‘Monte vivo’

O vindeiro 21 de febreiro o IES Salvaterra de Miño en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, a ANPA, a Comunidade de Montes de Lira e o Distrito Forestal XVII, organiza unha plantación de árbores destinada ao de 1º ESO e 3º ESO, do grupo Titoría entre Iguais (TEI), e para 1º de FPB Madeira.

Luis López agradece os eloxios do alcalde socialista de Tui á Xunta do PP pola aprobación do programa Rexurbe e pide un “apoio...

“O plan aprobado pola Xunta e moi positivo para a cidade de Tui e cambiará para sempre o casco histórico. Hai que valóralo como moi positivo porque é algo moi bo para Tui e, hai que ser honestos, e recoñecer o traballo do director do Instituto de Vivenda da Xunta, ao que temos que trasladarlle a nosa gratitude porque sempreprestou moito interese por este proxecto”. Deste xeito, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, replicou as mesmas palabras do alcalde socialista de Tui, Enrique Caballeiro, ao que lle agradeceu os seus eloxios públicos ao traballo da Xunta.

Ponteareas quintuplica acapacidadede atención ás persoas usuarias de ’Xantar na Casa’

O Concello quintuplica a capacidade de atención a usuarios e a usuarias do programa “Xantar na Casa”. Deste xeito, a administración local aumenta o número de persoas beneficiarias deste servizo ata as 50 fronte as 10 de anos anteriores. O convenio asinárono esta mañá a alcaldesa, Nava Castro e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, no Salón de Plenos.

O Concello de Tomiño contratará a 20 persoas desempregadas

O Concello de Tomiño incorporará este ano ao seu persoal a 20 traballadoras e traballadores contratados a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a activación do emprego. Como sinala a alcaldesa, Sandra González, estas novas incorporacións “supoñen unha oportunidade laboral para os tomiñeses e tomiñesas que están nestes intres na busca de emprego ao tempo que permitirán reforzar e mellorar diferentes departamentos municipais que precisan máis persoal de forma puntual ou nos que se realizan traballos estacionais”.

A Plataforma en defensa da sanidade pública da Guarda reclama que se dea cumprimento ás demandas da veciñanza

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda vén de lembrarlle ao goberno local e á Consellería de Sanidade que a veciñanza guardesa "leva anos esixindo a cobertura de todas as vacantes e baixas do centro de saúde, a dupla equipa de urxencias no PAC e unha ambulancia medicalizada no Baixo Miño".

O Meco de Redondela dille “NON” ao machismo e aos abusos de poder

A figura do Meco deste 2024 amosa cun claro “Non é non” o rexeitamento do entroido redondelán ao machismo e aos abusos de poder representados na figura de Luis Rubiales. Na figura pódese ver ao ex presidente de Real Federación Española de Fútbol coa cabeza dunha muller entre as mans facendo o xesto de querer bicala. O meco deste Entroido 2024 pon así o foco nun tema de gran relevancia do pasado ano “non só no mundo do deporte, senón na sociedade en xeral, e do que se fixeron eco medios de comunicación de todo o mundo”, sinala a concelleira de Cultura, Rita Pérez.

Bará, “O 18F hai que escoller entre Rueda ou o goberno da ilusión, o de Ana Pontón, capaz de poñer en marcha a mellor...

“O 18F só hai dúas alternativas: un goberno cun presidente gris como Rueda, que deixa un país en retroceso tras 14 anos de desleixo, ou o goberno da ilusión, dunha presidenta do BNG, Ana Pontón, capaz de poñer en marcha a mellor Galiza”. Esa foi a escolla que o cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, deixou clara no seu mitin de campaña onte en Ponteareas.

Pilar Martínez, concelleira de Medio Ambiente, Maiores e Infancia, “O voluntariado é unha forma de vertebrar a sociedade”

O Plan de Voluntariado do Concello de Redondela xa está en marcha e a finais deste mes de febreiro, logo de toda a tramitación regulamentaria, xa será oficial. A concelleira de Medio Ambiente e Maiores e Infancia, Pilar Martínez, fai un chamamento a todas aquelas persoas que desexen participar a informarse e inscribirse neste programa. A edil está segura de que será “todo un éxito” e que servirá para concienciar á cidadanía da importancia de colaborar en accións de voluntariado “e facer entre todos e todas unha sociedade máis xusta e solidaria”.

O PSdeG-PSOE alenta á veciñanza da Cañiza a votar por Besteiro para rematar coa desatención social do PP nos concellos

A inexistencia de residencias públicas para a terceira idade ou o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), son exemplos significativos do desinterese da Xunta de Galicia polas políticas sociais na comarca da Paradanta, onde son os concellos os que manteñen en pé o precario modelo de atención ás persoas. Foi a denuncia onte na Cañiza da candidata ás eleccións do 18F Elena Espinosa, número 1 na lista do PSdeG-PSOE na provincia.