12.6 C
Pontevedra
Domingo, 28 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoO Concello de Tomiño contratará a 20 persoas desempregadas

    O Concello de Tomiño contratará a 20 persoas desempregadas

    Cubriranse ata nove postos diferentes a xornada completa e os contratos terán unha duración de entre 6 e 9,5 meses

    O Concello de Tomiño incorporará este ano ao seu persoal a 20 traballadoras e traballadores contratados a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a activación do emprego. Como sinala a alcaldesa, Sandra González, estas novas incorporacións “supoñen unha oportunidade laboral para os tomiñeses e tomiñesas que están nestes intres na busca de emprego ao tempo que permitirán reforzar e mellorar diferentes departamentos municipais que precisan máis persoal de forma puntual ou nos que se realizan traballos estacionais”.

    Con estas contratacións cubriranse ata nove postos diferentes con persoal temporal contratado a xornada completa por un tempo de entre 6 e 9,5 meses de duración, dependendo do posto. Así, está prevista a incorporación de:

    • 11 peóns de xardinaría (tres durante 9,5 meses e oito con contrato de 7 meses).
    • 1 peón da construción (6 meses).
    • 2 condutores/as-operadores/as de retroescavadora (un cun contrato de 8 meses de duración e outro de 6 meses).
    • 1 instalador/a electricista en xeral (9,5 meses).
    • 1 mecánico/a de mantemento e reparación de automoción en xeral (7 meses).
    • 1 soldador/a de estruturas metálicas lixeiras (7 meses).
    • 1 técnico/a administrativo/a en xeral (9 meses).
    • 1 traballador/a social (7,5 meses).
    • 1 enxeñeiro/a técnico/a forestal ou biólogo/a (6 meses).

    As persoas candidatas deberán estar empadroadas en Tomiño, desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.

    O Servizo Público de Emprego de Galicia será o encargado de realizar a primeira selección das e dos aspirantes. Na selección terán preferencia persoas desempregadas de longa duración; mulleres con baixa cualificación; persoas con máis de 45 anos ou mozas, especialmente con baixa cualificación; persoas con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 65% ou persoas con discapacidade que presenten maiores dificultades de acceso ao mercado de traballo, sempre que esta permita a realización das funcións propias do posto; vítimas de violencia de xénero; ou familias monoparentais con fillos a cargo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.