10.2 C
Pontevedra
Xoves, 2 de Maio de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiLuis López agradece os eloxios do alcalde socialista de Tui á Xunta...

    Luis López agradece os eloxios do alcalde socialista de Tui á Xunta do PP pola aprobación do programa Rexurbe e pide un “apoio masivo” a Rueda

    O presidente provincial do PP de Pontevedra, acompañado de Moisés Rodríguez, Nico Montes e Luisa Piñeiro, fixo un percorrido polo casco histórico da cidade, que recibirá un investimento de 23,4 millóns de euros para a súa rehabilitación urbanística, residencial e económica

    “O plan aprobado pola Xunta e moi positivo para a cidade de Tui e cambiará para sempre o casco histórico. Hai que valóralo como moi positivo porque é algo moi bo para Tui e, hai que ser honestos, e recoñecer o traballo do director do Instituto de Vivenda da Xunta, ao que temos que trasladarlle a nosa gratitude porque sempreprestou moito interese por este proxecto”. Deste xeito, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, replicou as mesmas palabras do alcalde socialista de Tui, Enrique Caballeiro, ao que lle agradeceu os seus eloxios públicos ao traballo da Xunta e amosou a súa convicción en que iso debe plasmarse nun “apoio masivo” dos tudenses a Alfonso Rueda o vindeiro 18 de febreiro.

    “Que a Xunta o fai ben en Tui, como en toda Galicia, é algo que se ve e que sinten os galegos, pero se ata o alcalde Enrique Cabaleiro o afirma, creo que os veciños deben facerlle caso e votar masivamente ao Partido Popular naseleccións autonómicas. É de agradecer a súa sinceridade, e máis cando louvou inequivocamente á Xunta a poucos días da votación, pero cremos que é tan obvio que o PP fai moiben as cousas que ás veces é imposible non recoñecelo. Por elo, e para seguir colaborando deste xeito con Tui, cremosque Alfonso Rueda e o PP é a mellor opción para gobernar Galicia os próximos catro anos”, indicou López.

    Ademais, o presidente provincial indicou que as boas palabras do alcalde tudense “non se limitaron só ao Rexurbe, xa que tamén se amosou esperanzado cos investimentos nacárcere vella e que están pendentes dun novo convenio con Turismo de Galicia para a súa rehabilitación con 3 millónsmáis”.

    Luis López, que realizou estas manifestacións nun percorridopolo casco histórico en compañía do candidato Moisés Rodríguez, o voceiro Nico Montes e a secretaria xeral, Luisa Piñeiro, puxo en valor que o programa Rexurbe de rexeneración urbana, “vai ser un investimento histórico e récord para a cidade, xa que, cos seus 23,4 millóns de euros, vai superar incluso o custo do enlace de Areas, que está a piques de ser rematado”.

    En concreto, esta iniciativa de interese autonómico aprobada pola Xunta é un instrumento de planificación plurianual no que se integran actuacións a nivel arquitectónico e urbanístico dirixidas a fomentar políticas de rehabilitación e mellora de espazos e equipamentos públicos e outras que buscan a reactivación económica, demográfica e social desteámbito histórico do centro de Tui.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.