Venres, 19 Setembro de 2025

Comarcas

Redondela aproba inicialmente o PXOM

O Concello de Redondela aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal co voto a favor de toda a Corporación municipal agás os tres concelleiros do BNG que optaron pola abstención. A alcaldesaDigna Rivas amosou a súa satisfacción por este paso adiante paro o urbanismo de Redondela “cun planeamento moi necesario para a fveciñanza e para o futuro do municipio” a cualificou a xornada como “histórica”.

A Xunta remata o itinerario peonil na estrada PO-400 en Arbo cun investimento superior a 1 millón de euros

A Xunta vén de rematar as obras de construción dun itinerario peonil no antigo trazado da PO-400 en Arbo, cun investimento de máis de 1 millón de euros. A actuación desenvolveuse ao longo de máis dun quilómetro da estrada, entre os puntos quilométricos 23+400 e 24+600.

A Federación de ANPAS de Redondela organiza unha nova charla sobre ‘Atención á diversidade’

Quen forma parte do alumnado con necesidade específica de apoio educativo? Que é a atención á diversidade? Cales son os dereitos das familias e do alumnado que aprende de forma diferente? son algunhas das preguntas sobre a atención a diversidade que se aborden na charla que terá lugar este xoves 22 de Febreiro no Multiusos da Xunqueira en Redondela, organizada pola Federación de ANPAS de Redondela.

Valença vai avançar com intervenções na floresta

A Câmara Municipal de Valença vai avançar com a intervenção em 12 manchas florestais, próximas a aglomerados populacionais, nas freguesias de Cerdal, Boivão, Gandra, Taião, Gondomil e Sanfins. Esta operação, denominada 'Condomínios de Aldeia', implicará um investimento de cerca de 575 mil euros e vai promover uma grande intervenção florestal, à volta de 12 aglomerados populacionais destas freguesias. O objetivo é tornar estas áreas edificadas rurais menos suscetíveis ao fogo.

O PSOE da Guarda asegura que o goberno local do PP “non respecta as sentenzas xudiciais” evitando a apertura da rúa Baixo Muro

Despois de anos de procedementos e xestións impulsados polo anterior alcalde da Guarda, o socialista Antonio Lomba, cando a “conexión das rúas Baixo Muro e Ireira estaba a piques de executarse, o PP colleu o timón do concello guardés, e como está sucedendo con outras moitas xestións, os populares imposibilitaron tamén este proxecto. Neste caso renunciando a unha subvención da Deputación de 107.594,80 € destinada para este fin" asegura o PSdeG-PSOE guardés.

Redondela realiza unha limpeza nas árbores secas da Avenida de Mendiño “por motivos de seguridade”

A concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Pedro Villaverde, realizou a pasada semana traballos de poda e limpeza nas árbores da avenida Mendiño para evitar posibles desprendementos das pólas que estaban secas e podres. Villaverde rexeita as acusacións da Agrupación de Electores, que cualificou actuación de “arboricidio”, xa que os traballos realizados polos traballadores municipais “realizáronse por motivos de seguridade”.

Ponteareas incorpora novos servizos de conciliación sen custe para as familias

O Concello incorpora dous novos servizos municipais que buscan potenciar a conciliación dos veciños e das veciñas. Trátase do Plan Madruga e da Aula Matinal, uns recursos sen custe para as familias mediante os cales os pais e as nais que o precisen poden levar aos nenos e ás nenas aos centros educativos antes de que comece o horario lectivo. O primeiro deles desenvólvese na Escola Infantil Municipal e o segundo, nos colexios da vila.

Nigrán investirá 33.000 euros na rehabilitación da fonte do Pereiro e os seus accesos

O Concello de Nigrán investirá 33.000 € na rehabilitación da fonte do Pereiro (Camos) e os seus accesos como parte do seu plan para por en valor estes elementos de especial interese patrimonial e etnográfico.

Tui despide o Entroido co Enterro do Bacallau

Tui prepárase para despedir o Entroido este domingo co Enterro do Bacallau que reunirá a máis de mil persoas participando activamente nunha festa que conta con gran tradición na cidade. Máis aló das persoas integrantes das doce comparsas que o martes participaron no Desfile-Concurso, son moitas outras as que neste día completamente vestidos de loito se suman á comitiva para acompañar ao bacallau. Son xa moitos os que dende primeira hora da mañá comezan a festa nas rúas de Tui, e participan en xantares protagonizados por pratos de bacallau.

Tomiño leva investido 908.000 euros na mellora das instalacións das traídas de auga veciñais

O Concello de Tomiño renova ano a ano o seu compromiso coas traídas veciñais, que traballan de forma totalmente desinteresada para optimizar a xestión dun recurso tan importante como é a auga para o seu consumo. Por este motivo, nos últimos sete anos o Concello investiu máis de 908.000 euros tanto na posta en marcha de diferentes liñas de axuda para analíticas ou para o mantemento, así como na realización de diferentes obras de melloras na rede de abastecemento, entre outras actuacións.

O Concello de Covelo contratará 14 persoas de apoio ao abeiro do plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra

O Concello de Covelo contratará a 14 persoas con cargo ao plan Máis Provincia 2024 da Deputación de Pontevedra que darán apoio nas tarefas de conservación e funcionamento de bens e servizos públicos municipais.

Redondela leva a pleno a aprobación inicial do PXOM

O Concello de Redondela levará o Plan Xeral de Ordenación Municipal para a súa aprobación inicial no pleno do próximo mércores, 21 de febreiro. O goberno local facilitará á cidadanía todos os medios dispoñibles para que, unha vez aprobado, a cidadanía coñezan o plan e poida facer as súas alegacións. O prazo que establece a normativa é dun período de dous meses, pero o goberno redondelán decidiu amplialo ata os tres meses “para favorecer que toda a veciñanza teña tempo de estudalo, saber como lle vai afectar e poida facer as alegacións que estime oportunas”, explica a alcaldesa Digna Rivas.