Venres, 18 Xullo de 2025

Comarcas

As Neves renova o céspede do Campo Municipal de Fútbol

O Goberno local de As Neves vén de iniciar o proceso de cambio do céspede do Campo Municipal de Fútbol ‘Pepe Capón’ que, logo do uso continuado durante 12 anos e os danos causados polo brutal incendio, presenta importantes deficiencias.

Nigrán roza, subsidiariamente, unha finca de 8.000 metros cadrados

O Concello de Nigrán ven de desbrozar de maleza e de xeito subsidiario unha finca privada con dono desconocido situada ao carón da rúa José María Pérez Alonso (núcleo de Nigrán), a maior ata a data ao contar con 8.000 metros cadrados de superficie.

O sábado non haberá mercadillo semanal na Guarda

O Concello da Guarda vén de informar a interesados e interesadas que este sábado, día 12 de outubro, non se realizará o mercadillo semanal dos sábados no entorno da Alameda da Guarda, debido á festividade da Virxe do Pilar.

Mondariz promove a igualdade a través dun obradoiro de teatro social

Este mércores, 9 de outubro, dá inicio o segundo obradoiro de teatro organizado polo Concello de Mondariz. Logo da exitosa experiencia do ano pasado, que culminou cunha representación con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro), a directora de escena Avelina Pérez, con experiencia en educación social, volve a coller as rendas desta actividade.

Ponteareas colabora con «Muévete por los que no pueden»

Arranca en Bilbao a 'III Volta Solidaria a España' coa que o Concello de Ponteareas colabora a través da Concellería de Eventos que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández. Organizada pola asociación 'Muévete por los que no pueden' en colaboración co deportista Marcos Bajo, a terceira volta solidaria chegará a Ponteareas o vindeiro 18 de outubro tras percorrer media España en modaliade duatlón.

Mondariz agarda a luz verde da Deputación para rematar a humanización do centro urbano

"As obras de humanización na contorna do centro urbano de Mondariz levan paradas dende xuño de 2019 pola necesidade de notificar os múltiples cambios efectuados sobre o proxecto autorizado inicialmente pola Deputación de Pontevedra, que financiou as obras por importe total de 232.735 euros", explicou hoxe o Goberno local de Mondariz que preside Xosé Emilio Barros.

Tomiño e Cerveira afondan na mobilidade transfronteiriza de menores

Tomiño e Cerveira acollen esta semana a visita de José Manuel Sobrino, experto designado pola Comisión Europea e a Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa (ARFE) para analizar e estudar os problemas de mobilidade de menores de idade entre ambos municipios fronteirizos, no marco do programa europeo B-Solutions.

Mos prepara o quinto Programa Integrado de Emprego

O IV Programa Integrado de Emprego de Mos aproxímase ao seu fin –xa que rematará o vindeiro 31 de outubro– coa quinta edición do programa xa en marcha. Segundo hoxe informou a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, xa se solicitou o novo Programa á Xunta de Galicia

AporM lamenta que o Goberno de Mondariz impoña unha nova taxa “co apoio da dereita”

“A situación económica global do Concello é netamente positiva e a imposición dunha nova taxa á veciñanza, coa aprobación de todas as forzas da dereita, é unha cortina de fume coa que se quere xustificar o novo imposto e o grao de ineficacia do goberno BNG-PSOE”, asegurou hoxe a concelleira de AporM, Mónica Peralba.

A Asociación Trezecatorze de Salceda organiza unha palestra e conversa con Carlos Taibo

A 'Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxita Trececatorze' de Salceda de Caselas vén de organizar para o vindeiro xoves, 10 de outubro, ás 20:30 horas e no Local Social do Antigo Matadoiro de Salceda, unha interesante palestra que, baixo o título 'Decrecemento en tempos de emerxencia climática', correrá a cargo de unha voz máis que autorizada como é a de Carlos Taibo.

Ponteareas inicia os trámites para a mellora de eficiencia enerxética da Escola Infantil

Co obxectivo de mellorar a calidade do servizo a concellería de Benestar Social do Concello de Ponteareas, que dirixe Verónica Carrera, e a concellería de Vías e Obras, que xestiona Chus Garrote, informan que está aberto o proceso de licitación para a mellora da eficiencia enerxética da escola infantil municipal.

Manuel Outerelo Ucha, gañador do «III Torneo Internacional Sub-2000 de Xadrez Ponteareas»

Esta fin de semana celebrouse nas instalacións do I.E.S. do Barral, o III Torneo Internacional Sub-2000 Xadrez Ponteareas 'I Gran Premio ACLUDI', que contou coa participación de 48 xogadores, procedentes de clubs de toda Galicia.