Sábado, 26 Xullo de 2025

Comarcas

Tui acolle as xornadas do Colexio Profesional de Psicoloxía de Galicia sobre atención en catástrofes

'Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos' é o título das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que dende mañá xoves e até o sábado se van celebrar no Teatro Municipal, no edificio da Área Panorámica de Tui.

A Policía Local do Porriño atende un condutor en parada cardíaca

Os axentes da Policía Local salvaron a vida a un conductor que se atopaba inconscente dentro do seu vehículo despois de colisionar contra un sinal de tráfico na rotonda do Cristo de Belén. No momento de recibir o aviso, ao lugar dos feitos desprazáronse dous coches patrulla e atoparon ao conductor accidentado en parada cardíaca.

Nigrán iluminarase de azul no «Día Mundial da Diabetes»

A Casa do Concello de Nigrán iluminarase esta noite e a vindeira de azul con motivo da celebración do Día Mundial da Diabetes o 14 de novembro. Ademais, unha lona conmemorativa luce nun dos balcóns do Concello.

As Axencias de lectura de Areas, Xinzo e Ribadetea volven a abrir as súas portas

A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de dar a coñecer que as Axencias de Lectura de Áreas, Xinzo e Ribadetea volverán abrir as súas portas a vindeira semana. O horario será de 16:00 a 18:00 h os martes en Areas, os mércores en Xinzo e os xoves en Ribadetea.

A porriñesa Noemí Fernández representa a España no «Tour Music Fest» de Roma

A cantante porriñesea Noemí Fernández, foi recibida hoxe no Concello pola alcaldesa Eva García de la Torre e por Lourdes Moure, concelleira de Educación, que lle desexaron moítisma sorte na súa inminente participación no concurso europeo 'Tour Music Fest' no que Noemí representará a España na final dese certame que se celebrará en Roma o vindeiro 7 de decembro.

Charla coloquio «86 aniversario da amerizaxe de Lindbergh no río Miño en Caldelas/Friestras»

A Casa Cultural de Caldelas acolle este domingo, 17 de novembro, ás 12 h a charla coloquio 'Lindbergh en Caldelas', cando se cumpren 86 anos do amerizaxe do aviador norteamericano no río Miño. A charla correrá a cargo do historiador Rafael Sánchez Bargiela e do piloto e instrutor de voo, Jose Manuel do Souto Pereira Gomes.

O Museo do Mar da Guarda, na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos

O Museo do Mar da Guarda, que forma parte da Rede Municipal de Museos xunto co MASAT (Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega) e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, é un dos once novos centros que xa forman parte da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA).

EU e Podemos presentan unha moción conxunta para que Nigrán adhírase ao sistema VioGen

Esquerda Unida e Podemos presentaron o luns unha moción conxunta no Concello de Nigrán para a adhesión E PODEMOS presentaron este luns unha moción conxunta para a adhesión de Nigrán ao Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (VioGén), un proxecto destinado a previr as situacións de risco e protexer ás vítimas mediante a colaboración e coordinación das policía local de Nigrán co resto de policías.

A enquisa de mobilidade, récord de participación entre a cidadanía de Ponteareas

Na primeira semana de consulta a enquisa do plan de mobilidade do concello de Ponteareas bate récords de participación respecto ás realizadas por estas mesmas cuestións en concellos de similares características, sumando máis de 400 enquisas cubertas só na primeira semana.

«Rexas, mulleres baixo o terror franquista» chega ao IES Pazo da Mercé das Neves

A veciña das Neves, Cándida Castro é unha das 172 mulleres recollidas na exposición ‘Rexas, mulleres baixo o terror franquista’ da Deputación, do departamento de Memoria Histórica que dirixe María Ortega. A súa historia foi contada ao alumnado do IES Pazo da Mercé con motivo da inauguración da mostra nas súas dependencias, onde permanecerá toda a semana.

Nigrán acolle, o xoves, unha selección das mellores curtas do «FICBUEU»

O Concello de Nigrán colabora co Cineclub Alice Guy Val Miñor para ofrecer este xoves 14 de novembro ás 20:30 no Auditorio Municipal unha escolma das mellores curtas internacionais do 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), celebrado nesta localidade do 6 ao 14 de setembro de 2019

Dezaoito mulleres de Baiona participan nun curso de manipulación de alimentos

Un total de 18 mulleres do Concello de Baiona participan dende hoxe, 12 de novembro, nun curso de 'Manipulación de alimentos', iniciativa que se...