12.4 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoAs Neves«Rexas, mulleres baixo o terror franquista» chega ao IES Pazo da Mercé...

    «Rexas, mulleres baixo o terror franquista» chega ao IES Pazo da Mercé das Neves

    A exposición da Deputación, que recolle as historias de 172 mulleres represaliadas, inclúe tamén á veciña da zona Cándida Castro

    A veciña das Neves, Cándida Castro é unha das 172 mulleres recollidas na exposición ‘Rexas, mulleres baixo o terror franquista’ da Deputación, do departamento de Memoria Histórica que dirixe María Ortega. A súa historia foi contada ao alumnado do IES Pazo da Mercé con motivo da inauguración da mostra nas súas dependencias, onde permanecerá toda a semana.

    Castro é una das oito mulleres que nela representan ás ‘sobreviventes’, mulleres de fuxidos, de asasinados, de presos, que viron como a súa vida quedaba truncada pola represión sobre os homes e que se viron obrigadas a convivir cos responsábeis, que en moitos casos as sometían a continuos rexistros, depuracións ou abusos.

    Con elas, na mostra tamén se fala das mulleres asasinadas na provincia de Pontevedra, das que ficaron presas por parentesco ou po mor da súa ideoloxía e a súa militancia en agrupacións políticas e sindicais. Fálase das mestras, das exiliadas e tamén das mulleres rexas que, a pesar de todo o sufrido foron resistentes e transmitiron a memoria do que pasou ás xeracións seguintes.

    Cándida Castro

    Para que contara o agocho do home, os golpistas foron buscar a Cándida Castro Araújo á finca na que regaba o millo e, descalza, levárona detida ao cuartel. Ela lles dixo que el marchara ao Brasil e non soubera máis, pero o certo é que Eduardo Rodríguez Gil cruzara a fronteira con Portugal.

    Algunhas noites volvía de regreso ás Neves e traballaba na leira para axudar a Cándida a sacar a casa adiante, pero nunca se achegaba a ela para que non os descubriran. Co tempo, fixéronlle un agocho na casa da súa nai, Josefa a Castellana, e dixéronlle á súa filla, Carmiña, que aínda era pequena, que lle chamara avó, para que non se lle escapase que tiñan agochado ao seu pai. Nunca máis foi quen de chamarlle así, nin de falar sen murmurar.

    En total, “Rexas” fala de 172 mulleres, 90 delas incluídas nalgunha das 80 imaxes que recollen os paneis, con inclusión de historias de todas as comarcas da provincia.

    A selección das mulleres mestura nomes máis coñecidos como os de Urania Mella, María Gómez, Josefa García Segret, Placeres Castellanos ou Josefina Arruti, con outros máis anónimos, na maioría de perfil humilde, que tiñan máis risco de ficar no esquecemento. Así, xunto as mulleres máis fáciles de atopar na bibliografía da temática, inclúense biografías ata o de agora inéditas como a de Dolores Buján (Cuntis), Asunción Berea (Marín) ou Elena Valverde (Porriño).

    Conscientes de que faltan moitos nomes de pontevedresas represaliadas, en Rexas intentouse seleccionar casos representativos das distintas tipoloxías de castigo sen deixar fóra ningunha comarca, tendo en conta as especificidades da represión sufrida polas mulleres galegas de toda condición social, e cunha idea básica a transmitir ao público, neste caso ao alumnado das Neves: Co golpe de Estado fascista, todas as mulleres perderon porque deixaron de ser consideradas cidadás para quedar entre as reixas dun réxime que só as visualizaba como nais e esposas. No golpe de Estado fascista, toda a sociedade foi vítima.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS