14.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA enquisa de mobilidade, récord de participación entre a cidadanía de Ponteareas

    A enquisa de mobilidade, récord de participación entre a cidadanía de Ponteareas

    O concelleiro de Mobilidade convoca aos colectivos sociais e veciñais a un encontro participativo este xoves no salón de plenos

    Na primeira semana de consulta a enquisa do plan de mobilidade do concello de Ponteareas bate récords de participación respecto ás realizadas por estas mesmas cuestións en concellos de similares características, sumando máis de 400 enquisas cubertas só na primeira semana.

    O dato revela o alto interese que suscita na cidadanía a redacción do plan de mobilidade que mudará e regulará os tránsitos e os ritmos da cidade e da súa contorna, así llo trasladou a empresa ao concello de Ponteareas no día de onte.

    O goberno valora moi positivamente o interese da cidadanía que se implica no deseño do futuro de Ponteareas.

    Precisamente nesta semana, o xoves día 14, ás 18 horas o concelleiro de Mobilidade e Bo Goberno, Roberto Mera, convoca un encontro participativo no salón de plenos entre os redactores do plan de mobilidade e os colectivos relacionados coa atención ás persoas con discapacidade para coñecer a súa opinión e a información que manexan sobre aspectos como a accesibilidade a edificios e espazos públicos así como ao transporte público en Ponteareas.

    A continuación, ás 19:30 horas, Roberto Mera e os técnicos responsables da redacción do plan reuniranse cos representantes dos colectivos veciñais e sociais en xeral para abordar en conxunto o Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel e conversar sobre aspectos como a mobilidade a pé e en bicicleta, a circulación en vehículos a motor, o transporte público ou a accesibilidade en Ponteareas, tanto na vila coma no rural.

    Mera fai fincapé na necesidade de analizar coas asociacións veciñais e co resto dos colectivos cuestións tan importantes como o transporte público de conexión co rural, as peonalizacións, o fluxo do tráfico e as necesidades de aparcamento.

    A concellería de Mobilidade recorda que ata o domingo día 24 está dispoñíbel a enquisa on line para toda a veciñanza nesta ligazón.

    Ademais, tamén se poderá cumprimentar a enquisa achegándose ao rexistro municipal donde se lles facilitará unha copia en papel para que cubran e deixen nese mesmo departamento.

    Para calquera consulta ou achega tamén se pode empregar o correo participacioncidada@ponteareas.gal

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.