Xoves, 18 Setembro de 2025

Comarcas

Salceda presenta o seu Programa Integrado de Emprego

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Emprego e Formación que dirixe Verónica Tourón, presentou esta mañá no Auditorio Municipal, o Programa Integrado de Emprego, unha acción formativa que conta cunha subvención da Xunta de Galicia de 250.000 €.

O PP de Ponteareas asegura que o Concello rexeitou pedir á Deputación fondos para os campos de Angoares e San Mateo

O PP de Ponteareas denunciou que BNG e PSOE votaran en contra da moción popular na que instaban á Deputación de Pontevedra a dotar de céspede artificial o campo de Angoares e renovar o mantemento do de San Mateo.

A gala «Miñomáxico» pecha a programación de Nadal do Rosal

Este vindeiro sábado 11 de xaneiro, a partir das 20 horas, o Concello do Rosal pechará a súa programación de Nadal e o fará co espectáculo 'Miñomáxico' no que Samuel Moreno encherá de tecnoloxía, música, humor e maxia o Auditorio Municipal do Rosal.

Ponteareas inicia a humanización da rúa Fernández Vega

O Concello de Ponteareas comezou hoxe as obras de de humanización da rúa Fernández Vega, que afectan ao espazo comprendido entre o Auditorio Municipal e a Praza de Abastos, e que suporán unha remodelación total dun dos espazos que máis afluencia de persoas rexistran ao longo do día. Paralelamente, a Concellería de Mobilidade e Tráfico, que xestiona Roberto Mera, puxo en marcha a regulación de tráfico temporal derivada da execución destes traballos.

Once persoas con codeas non privativas de liberdade cumpriron 500 horas de traballos sociais no Porriño

Un total de once persoas con condeas que non implicaban cárcere, veñen de cumprir máis de 500 xornadas de traballo pola comunidade en diversas tarefas en servizos municipais do Porriño durante o segundo semestre do ano 2019.

A Guarda pecha este domingo a Programación de Nadal

Este domingo, 12 de xaneiro, A Guarda pechará oficialmente a programación e actividades do Nadal 2019/2020 co apagado do alumeado e o peche da Pista de Xeo da Alameda. Malia que inicialmente as previsións era manter a pista en funcionamento ata o vindeiro día 19 de xaneiro, a empresa que xestiona a mesma optou por adiantar o seu peche ante a baixa afluencia de público.

Nin Xunta de Galicia nin Monbús informaron ao Concello de Ponteareas sobre os cambios nas liñas de autobuses

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, lamentou a falta de información por parte da Xunta e de Monbús en relación cos cambios operados desde o 1 de xaneiro nas concesións do servizo de transporte de viaxeiros que afecta a Ponteareas. Mera lembrou que “o Concello de Ponteareas sigue xestionando a Estación de Autobuses mentres negocia un novo acordo coa Xunta e nin a administración autonómica nin a empresa con novas concesións, Monbús, nos comunicaron os cambios”.

O Concello da Guarda leva á Xunta aos tribunais pola denegación parcial dunha subvención para socorristas

Os feitos remóntanse a maio do 2019, mes no que o Concello da Guarda solicitaba do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, unha subvención por importe de 21.000 € para o cofinanciamento da contratación de 7 persoas desempregadas para o servizo de socorrismo das Praias con Bandeiras Azuis do municipio na época estival, Area Grande e O Muíño.

O Porriño completa o plan de mellora de subministros da piscina municipal

Ao longo desta semana o Concello do Porriño continuará desenvolvendo o Plan de Mellora de Subministros da Piscina Municipal coa chegada do novo material para esta instalación o que permitirá renovar e ampliar o xa existente. Esta actuación supoñerá un investimento de 30.746 € con cargo ao Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.

SOS Tomiño Baixo Miño fai da a coñecer o balance do 2019

A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño vén de dar a coñecer o balance de actuación do recen rematado ano 2019 no que a asociación fixo entrega de máis de 150 toneladas de alimentos. A comezos de ano eran 91 familias e 312 persoas as que atendía SOS Tomiño Baixo Miño, números que, tristemente, incrementábanse a final de ano ata as 123 familias e 381 persoas.

O BNG de Redondela propón que o 2020 sexa o «Ano das Mulleres de San Simón»

O portavoz do BNG no Concello de Redondela, Xoán Carlos González, vén de dar a coñecer a iniciativa na que se pide ao Goberno local que retome a moción sobre a represión franquista presentada no 2016 pola formación nacionalista. En dita moción, apoiada por unanimidade pola Corporación Municipal, incluíase o acordo de dedicar aquel mesmo ano "a recoñecer públicamente o compromiso de numerosas mulleres redondelás que mitigaron o sufrimento dos presos por defender o goberno republicano.

Salceda pon en marcha o II Plan Municipal para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes

O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar por unanimidade da corporación municipal o II Plan Municipal para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes. A redacción do Plan correu a cargo de Laura Seara, quen foi directora do Instituto da Muller e Secretaria de Estado de Igualdade no Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, ademáis de deputada do Parlamento Galego durante os anos de 2001 a 2009, polo que se parte con un amplo coñecemento sobre a materia que sen dúbida é garante dos mellores resultados.