Luns, 12 Maio de 2025

Comarcas

O PP denuncia a falta de mantemento do Auditorio Municipal

Os problemas estructurais que, segundo o Concello de Ponteareas, sofre o Auditorio Reveriano Soutullo foron hoxe achacados, por parte do Partido Popular a falta "dun servizo de mantemento" dunha instalación que foi reformada hai nove anos "e que se utiliza diariamente".

Concello de Nigrán e IES «Val Miñor» organizan este domingo un roteiro guiado pola Foz

Concello de Nigrán e IES Val Miñor conmemoran este domingo 2 de febreiro o Día Mundial dos Humedais cun roteiro guiado pola Foz do Miñor a cargo do biólogo nigranés Juan J. Hermida a partir das 10:30 horas (punto de encontro no auditorio ao aire libre de A Foz, onde se celebra o Nigranjazz).

Mondariz xa ten «luz verde» para rematar as obras do centro urbano

A empresa adxudicataria das obras de humanización na contorna do centro urbano de Mondariz, paralizadas dende xuño de 2019, retomou a súa actividade o xoves, horas despois de que o Concello de Mondariz recibise unha resolución do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra dando conformidade ao proxecto técnico modificado.

O Concello do Porriño amosa o seu apoio a manifestación en Defensa da Sanidade Pública

O Pleno da Corporación do Porriño aprobou, cos votos a favor de PSOE, EU Son, BNG e UDDL, que o Concello porriñes apoie institucionalmente a manifestación en Defensa da Sanidade Pública de Galicia prevista para o vindeiro 9 de febrero en Santiago.

Salceda reduce a 35 horas semanais a xornada laboral do seu cadro de persoal

A Mesa Xeral de Negociación do Concello de Salceda, convocada polo equipo de Goberno no día de onte, rematou con dúas importantes melloras para o cadro de persoal municipal ao aprobarse, por unha banda, a xornada laboral de 35 horas semanais e, doutra, a equiparación do persoal laboral e o persoal funcionario á hora de percibir un complemento do 100 % nas situacións de incapacidade temporal.

A selección galega alevín de Fútbol Sala adestra en Leirado

As xogadoras da Selección Galega Alevín Sur de Fútbol Sala, capitaneadas pola nova seleccionadora Bea Seijas, desprazáronse o pasado mércores ata o pavillón de Leirado realizar o seu adestramento. O combinado galego utilizou unhas instalacións que se acaban de reformar recentemente.

Centos de nenos e nenas participan na «XI Carreira Solidaria» do CIP «Arquitecto Palacios» de Panxón

Centos de alumnos de cinco centros educativos de Nigrán participaron esta onte na 'XI Carreira Solidaria' organizada polo CPI Arquitecto Palacios de Panxón con motivo do Día da Paz e co fin de recadar fondos para colaborar co departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán.

O comercio da Guarda satisfeito pola Campaña de Nadal

Unha vintena de comerciantes da Guarda, xunto con representantes das asociacións de empresarios ACIGU e Marcaguarda, participaron o mércores nunha xuntanza convocada polo departamento de Desenvolvemeno Local, que xestiona Fátima Rodríguez, de cara a analizar os resultados da Campaña de Nadal.

A «Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas» de Ponteareas ultima os seus preparativos

A tenente de alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández, presentou unha nova edición da Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas que, no curto espazo de dous anos –tres con este– consolídase como unha cita imprescindible para o alumnado, non só de Ponteareas, senón de toda a comarca. Esta nova edición da Feira das Ensinanzas abrirá as súas portas o vindeiro martes, 4 de febreiro ás 10:30 horas, no pavillón do Complexo Deportivo 'Álvaro Pino'.

A Concellería de Cultura reparte lotes de libros ás casas de cultura das parroquias de Ponteareas

A concellería de Cultura, que dirixe Fernado Groba, procedeu ao sorteo dun total de 24 lotes de libros entre as casas culturais de tódalas parroquias ponteareás. A Biblioteca Pública Municipal fai posible así que estes libros viaxen a cada recuncho do concello brinda a oportunidade a toda a veciñanza de gozar dun fondo de libros cos que ocupar o seu tempo de lecer e acceder á cultura e á lectura.

O multiúsos de Chapela, escenario da mostra integradora «Sorrisos transformadores»

A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (ARELAS) inauguraron este mércores 29 de xaneiro, no multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela, a exposición 'Sorrisos Transformadores'. No acto participaron a deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso; a alcaldesa de Redondela, Digna Riva e Olga García Ballesteros e Daniel Boullosa, concelleira e concelleiro de Ensino e Cultura, respectivamente.

Nigrán rehabilitará a cafetería da instalación municipal de «Dunas de Gaifar»

O goberno de Nigrán aprobou este luns o proxecto para rehabilitar e dotar de accesibilidade universal a cafetería das instalacións municipais de Dunas de Gaifar co obxectivo de volver a sacar a concurso público a súa xestión –actualmente sen actividade tralo cese do concesionario, ao que o Concello liquidou a fianza de 17.000 €–.