Sábado, 20 Setembro de 2025

Comarcas

O acordo entre ‘Naturgy’ e o Concello do Porriño permite o restablecemento do subministro eléctrico

O Concello do Porriño vén de informar que tanto o Mulitusos de Torneiros coma o Centro de Día de 'AFAGA' e outras instalacións municipais "teñen plenamente normalizado o subministro eléctrico". A empresa Naturgy restaurou o servizo nos centros de distribución logo das xestións realizadas pola alcaldesa Eva Gardía de la Torre que, no día de onte, tiña formulado unha queixa ante a dirección provincial da empresa subministradora "polo seu proceder".

‘Entroideiro ou besta’, o Entroido de Salceda di “non” ás agresións sexuais

O Concello de Salceda, xunto coas asociacións de A Feira e Castro Barreiro, veñen de presentar a campaña 'Entroideiro ou besta', coa que queren poñer o foco de atención nas agresións sexuais e os ataques a mulleres, conscientes de que o anonimato agochado detrás dunha máscara na festa do Entroido, pode carrexar situacións de risco para as mulleres.

Ponteareas xa ten equipo de enduro e descenso, o «PonteBike Team»

Ponteareas é, ninguén o dubida, terra de ciclismo e de ciclistas independentemente da especialidade. Botábanse en falta, iso si, equipos e nomes nas especialidades, nada doadas, de enduro e descenso. Agora, o 'PonteBike Team' nace para cubrir ese espazo baleiro e, como todo o que se fai en Ponteareas, a bo seguro que o fará con nota.

Máis de oitocentas persoas desfilarán no Entroido de Ponteareas

Máis de oitocentos participantes, repartidos en doce comparsas, desfilarán en Ponteareas no Entroido 2020 facendo gala de bo humor e simpatía, unha festa para a que a tenenta de alcalde, Cristina Fernández, convidou a toda a veciñanza "a desfrutar do desfile das comparsas e do resto das actividades programadas para estes días donde a creatividade e a imaxinación serán protagonistas".

A Guarda mellorará a contorna dos colectores soterrados para limitar o seu impacto visual

O Concello da Guarda procederá ao acondicionamento da contorna dos contedores soterrados do porto da Guarda de cara a limitar o impacto visual dos mesmos dende a zona peonil e de terrazas, á vez que se mellora o sistema de recollida por parte dos operarios. O proxecto inclúe a ampliación do muro existente cun banco corrido das mesmas características, incorporando un respaldo de madeira tropical.

Tomiño aproba as bases do ‘Circuíto Cultural 2020’

O Goberno local de Tomiño vén de aprobar as bases do 'Circuíto Cultural 2020', unha iniciativa que ten como finalidade "apoiar ás agrupacións musicais tradicionais do municipio que figuren no Rexistro de Asociacións do Concello de Tomiño". A través do 'Circuíto Cultural 2020', as asociacións que cumpran os requisitos, poderán ser contratadas por un terceiro sendo aboada, unha parte da súa retribución económica, polo Concello tomiñés.

Ponteareas incorpórase á ‘VI Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza’

Ponteareas foi un dos poucos concellos seleccionados para participar na 'VI Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza' que homenaxeará a Rosalía de Castro e a Zeca Afonso do 23 de febreiro ao 1 de marzo cun amplo programa de actividades culturais que se desenvolverán en Santiago, Padrón, Ponteareas e Braga e que fornecerá os vínculos culturais dos dous lados da raia.

O Castelo do Sobroso, marco espectacular para un desfile de traxes nupciais

O Castelo de Sobroso foi o espectacular marco que acolleu, este xoves, o desfile de traxes de noiva no que o estilita Óscar Novo presentou as novas apostas da deseñadora Patricia Avendaño, que forman parte da súa colección nupcial para o ano 2020. O evento contou coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, entre outras autoridades.

O CPI Arquitecto Palacios de Nigrán celebra o aniversario de Rosalía cun concerto de Arpa de Rodrigo Romaní

O CPI Arquitecto Palacios de Panxón festexou esta mañá o aniversario de Rosalía de Castro (24.02.1837) co concerto de arpa de Rodrigo Romaní Blanco, fundador de Milladoiro e da orquestra Sondeseu. Esta iniciativa, na que colaborou o Concello de Nigrán, contou cun público de máis de 500 alumnos do propio CPI, o CEE de Panxón, CEIP Mallón e IES Val Miñor (estudantes da ESO).

Un semáforo mellorará a seguridade viaria nas inmediacións do colexio de Angorén, en Chapela

O Concello de Redondela instalará, nos vindeiros días, un semáforo na estrada N-552 ao seu paso por Chapela, a sinalización permitirá garantir a seguridade das veciñas e veciños residentes na zona así como as familias e escolares que, diariamente, acuden ao colexio Alexandre Bóveda.

O Colexio de Arquitectos sinala que a Fonte de Troncoso “debe ser urxentemente rehabilitada”

O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) vén de elaborar un informe no que sinala que “o ben inmoble catalogado «Fonte e instalacións anexas de Troncoso» situado no municipio de Mondariz Balneario, atópase nun deplorable estado de conservación, presentando unhas condicións históricas, arquitectónicas, culturais, turísticas e sociais, de indubidable interese, por tanto consideramos que deben ser urxentemente rehabilitada e consecuentemente posta en valor, como merece.

Semáforo e paso de peóns na N-120 á altura do IES do Barral, en Ponteareas

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico do Concello de Ponteareas, Roberto Mera, anunciou que o Concello dotará de semáforo e paso de peóns a N-120 á altura do IES O Barral neste ano 2020. O anuncio prodúcese logo de que o Ministerio de Fomento decidira autorizar esta actuación xunto co acondicionamento dunha senda peonil pola marxe esquerda da estrada e a iluminación nos accesos exteriores ao centro.