Domingo, 21 Setembro de 2025

Comarcas

As ‘I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado’ superaron as expectativas da organización

O concelleiro de Innovación de Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez, clausurou as I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado arroupado polo historiador Rafael Sánchez Bargiela que foi o último conferenciante destes cinco días de coñecemento da nosa historia.

Máis de 500 variedades, nas XII Xornadas da Camelia de Salceda de Caselas

O Concello de Salceda presentou esta mañá as XII Xornadas da Camelia que se celebrarán os vindeiros 21 e 22 de marzo. Calcúlase que na mostra participarán unhas 75 persoas chegadas de toda a xeografía galega, Portugal e Asturias, que amosarán máis de 500 variedades desta flor de orixe oriental, que se estenderán ao longo de máis de 160 metros de exposición.

Mondariz contratará 20 persoas para obras e servizos municipais

O Concello de Mondariz reforzará este ano os servizos públicos municipais coa contratación de 20 persoas. A partir de abril incorporaranse dous operarios para recollida de lixo, un conductor, un auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e un albanel. A estas contratacións sumaranse outras posteriormente, como as dun animador sociocultural, un operario de ocupacións diversas, un fontaneiro, expertos forestais, peóns para a limpeza viaria e socorristas.

A Guarda prepara as primeiras ‘Xornadas sobre Saúde e Benestar’

O Concello da Guarda comeza cos preparativos dunha nova actividade dirixida ao público xeral e que este ano versará sobre a Saúde e o Benestar. A proposta 'I Xornadas sobre saúde e Benestar' permitirán, de xeito participativo, implicar á poboación da vila no coñecemento e ampliación de información sobre diversos temas de saúde do día a día.

Tui reclama igualdade real e efectiva coa campaña ‘Somos e seremos Inmarcesibles’,

A praza do Concello acolleu hoxe o acto institucional da campaña 'Somos e seremos Inmarcescibles' para conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller. A lectura dun manifesto, poesía e a presentación dalgunhas das Mulleres Senlleiras 2020 centraron un evento que contou coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez; membros da Corporación municipal, representación de distintos centros educativos e público en xeral.

‘SOS Porriño’ reparte 3.000 quilos de alimentos para axudar a 160 familias

Na tarde de onte remataba o reparto de 3.000 kilos de alimentos non perecedoiros que realiza 'SOS Porriño' no seu almacén, situado no Multiúsos de Torneiros. “Esta axuda humanitaria chega a 160 familias e polo tanto, aproximadamente, a máis de 600 persoas que teñen dificultades económicas”, explicou David Alonso, concelleiro responsable de Servizos Sociais.

Ponteareas contará con catro novos axentes para a Policía Local

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, deron hoxe a benvida aos catro novos axentes de policía que superaron o procedemento de selección e escolleron Ponteareas como destino. Os axentes incorporaranse ao cadro de persoal ao longo do ano 2020 unha vez realicen o seu período de formación na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP)

O BNG cualifica de “caótica” a situación do Centro de Saúde de Redondela

Malia as denuncias por parte do persoal sanitario e da propia organización nacionalista, e posicionamentos do Pleno "poucas melloras se teñen producido na Atención Primaria sanitaria en Redondela" sinala o BNG de Redondela cun Centro de Saúde, afirman, no que “continúa manténdose unha situación estresante para os e as profesionais, que incide nunha mala atención á doentes”.

A Concellería de Medio Ambiente de Ponteareas chama á colaboración cidadá para evitar o lixo nas rúas

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, fai un novo chamamento á cidadanía para conseguir unha vila máis limpa e rematar co depósito de lixo fóra dos puntos axeitados. Covelo lembra que a cidadanía dispón dun amplo servizo de recollida de lixo que abrangue a recollida diaria, a recollida á demanda semanal de enseres e o punto limpo.

Curso en Ponteareas sobre o control do gorgullo do eucalipto

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) organiza este venres e sábado en Ponteareas un curso orientado a propietarios forestais, comunidades de montes e técnicos para asesoralos sobre unha das principais pragas que preocupa nas masas de eucalipto, o ‘Gonipterus platensis’, coñecido popularmente como gorgullo ou gorgojo (en castelán esta última), un insecto que se alimenta das follas de eucalipto.

Visita guiada e andaina, no Día da Muller de Oia

O Concello de Oia programa, este ano, dúas actividades para conmemorar e celebrar o Día da Muller. Este sábado día 7 de marzo haberá unha visita guiada de temática feminina, mentres que para o domingo 15 organizase a Andaina pola Igualdade que percorrerá a nova ruta circular do Mosteiro.

Nigrán rematará este mes as obras de saneamento en Areíña, Parada

O Concello de Nigrán rematará este mes as obras para a instalación de saneamento no barrio de Areíña (Parada). O proxecto, de 46.823 € con cargo ao Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra, comprende só viais de titularidade pública e dá resposta a vellas demandas dos veciños.