Sábado, 22 Marzo de 2025

Nigrán rematará este mes as obras de saneamento en Areíña, Parada

O proxecto, cun importe 46.200 €, corre a cargo do Plan Concellos e dispón dun prazo máximo de execución de tres meses

O Concello de Nigrán rematará este mes as obras para a instalación de saneamento no barrio de Areíña (Parada). O proxecto, de 46.823 € con cargo ao Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra, comprende só viais de titularidade pública e dá resposta a vellas demandas dos veciños.

Os traballos consisten en executar unha rede separativa con colectores para fecais de 315 mm en PVC, o que obrigará a abrir gabias e repoñer posteriormente o asfaltado. O obxectivo é conectar á rede existente as decenas de vivendas que non dispoñen do servizo, en tódolos casos se trata dunha rede separativa cunha lonxitude total de 410 metros e que discorre por terreros de titularidade pública.

“Temos o compromiso de que o saneamento chegue a todo o municipio porque sabemos que non é só un dereito dos veciños, se non tamén unha medida de protección cara o medio ambiente”, indica o alcalde, Juan González.