9 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda prepara as primeiras 'Xornadas sobre Saúde e Benestar'

    A Guarda prepara as primeiras ‘Xornadas sobre Saúde e Benestar’

    O Concello da Guarda comeza cos preparativos dunha nova actividade dirixida ao público xeral e que este ano versará sobre a Saúde e o Benestar. A proposta ‘I Xornadas sobre saúde e Benestar’ permitirán, de xeito participativo, implicar á poboación da vila no coñecemento e ampliación de información sobre diversos temas de saúde do día a día.

    Grazas á participación de empresas e profesionais sanitarios, as xornadas contarán con charlas, conferencias e debates abertos, nos que se tratará e falará sobre temas de interés xeral vencellados á saúde e ó benestar.

    Dende o Concello da Guarda lánzase un convite “a todos os empresarios e profesionais da saúde e do benestar, nunha convocatoria aberta a participar nesta novidosa actividade, que permitirá, por unha banda, potenciar e promocionar as empresas adicadas á saúde e ao benestar da vila e, por outra banda, manter encontros con profesionais sanitarios de diversas ramas”.

    As empresas e profesionais sanitarios poden realizar a súa inscrición no seguinte formulario https://forms.gle/hmV3tmL4pjv8RUMM9 ou ben contactando coa OMIX da Guarda no telefono 986 61 0000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es. Tamén se pode formalizar a inscrición a través deste formulario web:

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.