Domingo, 21 Setembro de 2025

Comarcas

Nigrán remata a renovación da rúa do Ceán cunha marquesina de madeira para preservar a contorna

O Concello de Nigrán vén de completar a renovación da rúa do Cean, realizada o ano pasado, incluíndo unha marquesina de soporte de madeira na parada do autobús á altura do cemiterio, punto onde non existía e que por tal motivo demandaba a veciñanza.

‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’ chega a Redondela da man de ‘Sondolilá’

O concello de Redondela acollerá este martes 10 de marzo a novena acción da edición 2020 do programa da Deputación de Pontevedra 'Mulleres en Acción. Violencia Zero'. A cita aberta ao público, á que asistirá a presidenta provincial Carmela Silva, acompañada da alcaldesa Digna Rivas, terá lugar ás 12:30 horas no na praza do Concello.

Máis de 200 persoas na concentración reivindicativa do Día Internacional da Muller na Guarda

A Guarda conmemorou a data do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller 2020, con diversas actividades que se iniciaron na xornada do pasado venres día 6 de marzo cunha charla coloquio e posterior proxección de 'Unha moza volta para casa soa de noite' de Ana Lily Amirpour, e continuaron onte domingo cun cun Obradoiro de Biodanza 'Danzando pola Igualdade', impartido por Sara Rodríguez.

Pamela Pérez e Daniel Pazó, primeiros líderes da recen creada ‘Pontevedra Trail League’

Tras a disputa do 'III Trail Muíños do Folón', Pamela Pérez e Daniel Pazó convértense nos primeiros líderes da 'Pontevedra Trail League', unha competición que se estrea dentro da modalidade de trail. Ademais da proba do Rosal, tamén puntuará a do 'Románico' e o 'Trail do Tegra' que se celebrarán ao longo da tempada. A liga constitúe un novo aliciente para os deportistas e conta co apoio da Deputación de Pontevedra.

A internacionalización da ‘XXIX Feira do Requeixo e o Mel’ das Neves

A Escola Profesional do Alto Miño Interior (EPRAMI) de Monção acolleu, onte sábado, a presentación oficial da que será a vixésimo novena edición da 'Feira do Requeixo e o Mel' das neves que se desenvolverá os días 11 e 12 de abril, e que contará cun amplo abano de actividades. O acto de presentación contou coa presenza do alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez; o vereador de Acción Social, Cultura e Turismo de Monção, João Oliveira; a concelleira de Cultura das Neves, Rocío Barreiro e o presidente da Cooperativa do Requeixo das Neves, Alejandro Martínez.

O campo do Alivio, en Tomiño, luce o mural de Genma Marqués dedicado á veciña máis lonxeva da vila

O Concello de Tomiño celebra, coma cada ano, o Día Internacional da Muller (8 de marzo), cunha serie de actos. Estes comezaron xa este pasado venres coa inauguración dun mural no exterior do Campo de fútbol do Alivio, obra da artista guardesa Gemma Marqués sobre unha imaxe de Sara Rodríguez Salvador 'Sara da Pisca', tomada pola fotógrafa Pily Reñones.

Catro interesantes propostas no calendario de Andainas de Primavera 2020 da Guarda

O departamento de Deportes do Concello da Guarda ven de facer público o Calendario de Andainas de Primavera 2020 que constará dun total de 4 propostas a realizar entre o 21 de marzo e o 6 de xuño. As andainas, organizadas conxuntamente polo Concello guardés e Câmara Municipal de Caminha, teñen o obxectivo de dar a coñecer a paisaxe e o patrimonio da comunidade galega e o país veciño.

O multiúsos da Xunqueira, escenario dun encontro interxeracional con motivo do Día Internacional da Muller

O multiúsos da Xunqueira de Redondela foi escenario, na mañá de hoxe, do acto institucional co que o Concello redondelán abría un amplo programa de actividades con motivo do ‘8 de Marzo, Día Internacional da Muller’ e que se desenvolverán ao longo do mes de marzo “para que a reivindicación da igualdade e os dereitos das mulleres, non quede cinguido a un só día”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas.

Os cursos de prevención do deterioro cognitivo e benestar físico de maiores de Nigrán arranca con 131 persoas inscritas

O Concello de Nigrán iniciou esta semana coa totalidade das prazas cubertas (131 inscritos) o programa integral para a prevención do deterioro cognitivo e benestar físico e emocional dirixido a maiores de 60 anos e pensionistas empadroados no municipio. Nesta nova edición o Concello de Nigrán ofrece cinco talleres para exercitar a memoria con 60 persoas participantes, dous talleres de 'Vivilo Corpo' con 28, e finalmente, tres de informática con 60 veciños.

As Neves pon en funcionamento un moderno sistema de control horario do persoal municipal

Dende o pasado luns, 2 de marzo, está en funcionamento no Concello de As Neves un 'Sistema de Control Horario' dos traballadores e traballadoras municipais, que neste momento son 37 persoas e que no verán chegarán a 53.

‘Casa O’Rei’ de Ibuprofeno Teatro, hoxe en Ponteareas

A auditorio municipal de Ponteareas acolle mañá sábado ás 20:30 horas, a representación da obra de teatro 'Casa O`Rei' de Ibuprofeno Teatro, un espectáculo escrito e dirixido por Santiago Cortegoso galardoado co premio 'María Casares' nas categorías de mellor actor protagonista e música orixinal.

A Xunta de Galicia desestima as alegacións presentadas contra a apertura dunha casa de apostas en Redondela

O Goberno local de Redondela vén de recibir un informe da Xunta de Galicia no que se comunica que, por parte da administración autonómica, procedeuse a desestimar todas as alegacións presentadas contra a instalación dunha casa de apostas na vila. Centros de escritos de asociacións e particulares, pedían “a denegación da licencia de apertura e actividades así como a revogación da autorización concedida pola Xunta en 2019”.