A loita contra o COVID-19 continúa. A todas as medidas preventivas adoptadas nas últimas semanas o Concello do Rosal acaba de engadir a desinfección de vehículos municipais e de persoal sanitario encargado das atencións domiciliarias con ozono, un dos desinfectantes máis potentes e eficaces, que se fixo este mércores na Praza do Calvario.
O Concello do Porriño, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información á Xuventude), está a colaborar coas actividades do 17 de abril, Día Europeo da Información Xuvenil. A OMIX está a colaborar na difusión da actividade proposta pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe de que, desde o departamento municipal de Persoal, se está a traballar na reestructuración e organización do cadro de persoal de funcionarios e funcionarias para adaptarse á nova situación laboral derivada da cise sanitaria do COVID-19.
Co obxectivo de seguir analizando como a Zona Franca pode tomar medidas encamiñadas para minorar o impacto real do Covid-19 na economía da nosa área, David Regades mantivo unha reunión telemática coa xunta directiva da comunidade de propietarios de Porto do Molle. Como primeira medida, Zona Franca duplicará durante os próximos tres meses a súa cota á comunidade de mantemento para que as empresas non teñan que realizar ningún desembolso.
O Concello de Redondela vén de distribuír, entre a totalidade de farmacias do municipio, máscaras homologadas de protección FFP1 destinadas ás persoas consideradas “de maior risco ao COVID-19 por padecer problemas respiratorios, cardíacos ou na franxa de idade de maiores de 70 anos”.
A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, Rosa Covelo, lamentou hoxe a imaxe dada por un contedor en Canedo "con enseres que deben ser depositados no punto limpo" un feito que, sinala a concelleira, "reflicte a falta de solidariedade dalgúns cidadáns", que cada vez son menos, pero que aínda se dan casos. Covelo anima á veciñanza a colaborar ao mesmo tempo que a denunciar aquelas actitudes incívicas "trasladando ás autoridades toda a información posible".
O Concello de Nigrán recibiu a donación de 250 mascarillas hixiénicas donadas pola firma de moda viguesa ‘Chill&Buy’ e que foron confeccionadas artesanalmente por María Victoria Domínguez con telas coa estampa de Frida Kahlo. Estas mascarillas están a ser distribuídas polo Concello entre persoal de supermercados de Nigrán ou de residencias de anciáns e colectivos que precisen o seu uso na súa incorporación ao traballo.
O Concello do Rosal xa ten a súa disposición os case 18.000 € da nova liña de axudas extraordinarias posta en marcha pola Deputación de Pontevedra para facer fronte ás novas continxencias causadas pola pandemia do COVID-19 e dar resposta rápida ás necesidades básicas da veciñanza que se atopa nunha situación de maior vulnerabilidade a causa da crise sanitaria.
A solidariedade civil está a ser noticia estes duros días de confinamento, e é de agradecer. Enrique 'Rui' Vicente, veciño do barrio tomiñés da Salgosa, ofreceu as máquinas da súa empresa estes días, para desinfectar os locais e os coches da Policía Local, Garda Civil e Protección Civil de Tomiño con ozono, unha alternativa para evitar o contaxio de bacterias, cun gas que esteriliza e hixieniza moi profundamente sen contaminar o ambiente.
O concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico do Concello de Ponteareas, Benito Márquez, fixo un positivo balance deste mes de implantación do teletraballo nos servizos municipais. Márquez trasladou á cidadanía que "a totalidade dos e das traballadoras municipais que desenvolvían traballos con equipamentos informáticos traballan dende hai xa un mes totalmente de xeito telemático".
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a aprobación inicial do regulamento de participación veciñal do Concello de Salceda de Caselas, aprobado cos votos a favor dos grupos de goberno (MS e PSOE) e a abstención do PP, e que será o primeiro regulamento de participación cidadá do Concello de Salceda.
Despois do parón obrigado polo estado de alarma para os sectores non esenciais, hoxe, na volta ao traballo, os comuneiros de Atios puideron comprobar que o confinamento, coa expresa prohibición de moverse sen xustificación, "non vai para os vándalos que o estado de alarma non vai cos que sempre queren facer mal, onde sexa, como sexa e cando sexa".
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.