Venres, 4 Xullo de 2025

Ponteareas

Ponteareas converte a Praza Maior nun espazo libre de vehículos a motor desde hoxe

Ao abeiro da Semana Europea da Mobilidade, o Concello de Ponteareas deu un paso máis na recuperación do espazo público para as persoas convertendo a Praza Maior nun lugar sen vehículos a motor.

A infancia de Rosalía de Castro a escena no Auditorio Municipal de Ponteareas

María Rosalía Rita, ou Rosalía de Castro, tamén foi nena. As biografías non o contan, pero a poeta galega tamén foi unha cativa que cantaba, que lía, que comía chocolate, e que tamén xogaba.

O grupo Bordón Grellado, gañador do LIV Concurso de Gaitas do País de Ponteareas

O grupo Bordón Grellado alzouse co primeiro premio no LIV Concurso de Gaitas do País de Ponteareas, celebrado a pasada fin de semana no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo, e que contou coa participación de sete agrupacións de música tradicional.

Ponteareas homenaxeará este sábado a Xosé Represas

O BNG organiza este sábado unha homenaxe en Ponteareas ao ex alcalde da localidade, Xosé Represas, como mostra “do cariño e afecto que sempre lle gardaremos, así como da admiración da veciñanza pola súa traxectoria e entrega a Ponteareas e a Galicia”, sinalan dende o Bloque.

Ponteareas participa na Semana Europea de Mobilidade cun variado programa de actividades e actos

O Concello de Ponteareas súmase, por segundo ano consecutivo, á Semana Europea de Mobilidade cun programa de actividades coas que sensibilizar á veciñanza sobre os beneficios de uso de modos de transporte máis sostibles.

O CN Ponteareas acada numerosos podios no peche da tempada de augas abertas

O encoiro de Castrelo de Miño, en Ourense, acollía o sábado 18 de setembro a quinta edición do campionato galego de augas abertas, que ademáis constituía a derradeira proba do circuito galego express.

Defendendo o Tea chama á veciñanza de Ponteareas “a mollarse polo noso río”

Outro año máis, e xa van trece, Defendendo o Tea vai a colaborar co 'Proxecto Ríos' de Adega na limpeza simultánea de cauces fluviais. Ao igual que o veñen facendo dende o inicio desta actividade, Defendendo o Tea invita toda a veciñanza de Ponteareas e alrededores a que veñan a mollarse polo río.

Ponteareas reforza a súa conciencia ambiental uníndose a unha limpeza de ríos simultánea con 21 municipios galegos

Ponteareas reforza a súa conciencia ambiental mollándose os pés nos seus ríos para participar nunha limpeza simultánea con outros 21 concellos galegos. O Concello colaborará con ADEGA e persoas voluntarias o vindeiro 26 de setembro para retirar lixo da ribeira do Tea, unha xornada que forma parte do proxecto 'Móllate polos ríos', que promove a asociación ecoloxista.

A Escola Oficial de Idiomas celebra unha xornada de portas abertas na súa sección de Ponteareas

A Escola Oficial de Idiomas celebra unha xornada de portas abertas na súa extensión de Ponteareas para dar a coñecer o que se está a realizar no centro, os métodos de ensinanza e os beneficios de estudar unha lingua estranxeira na escola e así atraer a novo alumnado e motivar a todas aquelas persoas que abandonaron os seus estudos por mor da pandemia. Todas as persoas interesadas en aprender inglés ou francés poderán participar na sesión informativa que se celebrará o vindeiro mércores 22 de setembro ás 19.00 horas na sede da EOI no IES Val do Tea.

Ponteareas exporta a súa terapia educativa con cans para menores con necesidades específicas

O alumnado con necesidades específicas do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas leva catro anos aprendendo xunto a cans. Con eles e un equipo especializado avanzan no seu percorrido educativo, reforzan a súa autoestima e melloran as súas capacidades físicas e de concentración. Resultados constatados polo Concello e o equipo educativo do centro, e que, en palabras da alcaldesa e concelleira de Educación, Cristina Fernández Davila, mostran que “a terapia con cans é moi exitosa”.

A Coral Cantares de Xinzo celebra o II encontro de Corais

O vindeiro domingo 26 de setembro terá lugar o II Encontro de Corais de Xinzo no auditorio do Centro Cultural da parroquia. O evento dará comezo ás 18:00 h e contará tanto coa participación da Coral Cantares de Xinzo como coa invitada Coral Polifónica 'O son dos Cantares' de Tameiga (Mos).

Ponteareas será este sábado a capital da música tradicional do país

Ponteareas volverá a converterse este sábado na capital da música tradicional do país. O Concello organiza a 54 edición do Concurso de Gaitas do País, a festa musical desta especialidade máis antiga de Galicia, e que coloca a vila como referente na promoción do folclore musical galego. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, afirma que “para Ponteareas é un orgullo acoller estes eventos”, e expón que o Concurso “é unha mostra máis da nosa decidida aposta pola música que se fai no país”.