Martes, 8 Xullo de 2025

Ponteareas

Voluntarios retiraron esta fin de semana plásticos, latas, botellas e embalaxes do parque forestal da Picaraña

Ponteareas continúa coa súa campaña de recollida de lixo e limpeza nos seus montes e contornas naturais para preservar o medio ambiente, evitar a contaminación e mesmo reducir o risco de incendios.

O libro sobre Alejandro Viana de Roberto Mera, Premio Antón Losada Diéguez na categoría de Investigación e Ensaio

O xurado da XXXVII edición do Premio Antón Losada Diéguez vén de outorgar o galardón na categoría de Investigación e Ensaio ao libro ‘Alejandro Viana. Un galego a fronte do rescate dos refuxiados republicanos’, unha obra escrita por Roberto Mera.

Este venres terá lugar unha nova presentación dentro do Mes dos Libros en Ponteareas

O mes dos libros chega á súa recta final en Ponteareas coa presentación dunha nova obra creada por autores da vila e da contorna. Este venres 29 de abril, o escritor mondaricense Fernando Juan Morado, Cone, e a ilustradora carralesa A Flaira estarán ás 20.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal.

Ponteareas repartirá novos composteiros individuais entre a veciñanza na parroquia de Fontenla

O Concello de Ponteareas continúa apostando pola compostaxe como ferramenta para mellorar a xestión de residuos e eliminar a materia orgánica que remata no colector verde.

Os nenos serán os protagonistas dunha nova actividade do programa Apego de Ponteareas

O programa Apego volve desembarcar en Ponteareas cunha nova actividade na que as nenas e nenos serán os verdadeiros protagonistas.

Xinzo celebra o seu terceiro festival de corais

A parroquia de Xinzo, no concello de Ponteareas, volve a celebrar unha nova edición do seu festival de corais o próximo sábado 30 de abril ás 19:30h no auditorio do Centro Cultural de Xinzo.

Ponteareas converterá as naves de Aceros del Tea nun equipamento sociocultural emblemático e innovador

No marco do programa EDUSI ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’, o Concello transformará as naves de Aceros del Tea nun equipamento sociocultural e de lecer que “marcará un antes e un despois na historia de Ponteareas”, segundo a alcaldesa Cristina Fernández.

Unha nova xornada de voluntariado ambiental xuvenil recollerá o lixo do parque forestal da Picaraña

O Concello de Ponteareas organiza esta fin de semana unha nova saída de voluntariado ambiental xuvenil, coa que se busca continuar mellorando a contorna do municipio.

A actuación no cruceiro da Praza de Bugallal conta con autorización de Patrimonio

O Concello de Ponteareas aclara categoricamente que a actuación no cruceiro da Praza de Bugallal conta coa autorización de Patrimonio.

O Concello de Ponteareas elimina unha vertedura incontrolada preto do Castro de Troña

O Concello de Ponteareas vén de retirar unha vertedura incontrolada preto do Castro de Troña, un punto no que se detectou a acumulación de residuos sólidos de distinta natureza , co conseguinte prexuízo que causa tanto á propia veciñanza como para a contorna dende o punto de vista ambiental.

O Club Ciclista Ponteareas presenta a tempada 2022

O pasado sábado día 16 de abril, dábase cita nas instalacións do campo de golf de Mondariz Balneario para presentar a nova tempada do Club Ciclista Ponteareas - Escola Borja Gómez Méndez.

Ponteareas contará cun complexo ciclista

Ponteareas albergará o futuro Complexo Ciclista Sportskids, onde se crearán unhas instalacións únicas en Galicia, onde poder practicar as modalidades de Bmx, Dirt, Mtb, Skate e Roller.