9.2 C
Pontevedra
Luns, 27 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasUnha nova xornada de voluntariado ambiental xuvenil recollerá o lixo do parque...

    Unha nova xornada de voluntariado ambiental xuvenil recollerá o lixo do parque forestal da Picaraña

    Será este sábado 23 de abril a partir das 10.00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse en voluntariado@ponteareas.gal ou no 687 764 516

    O Concello de Ponteareas organiza esta fin de semana unha nova saída de voluntariado ambiental xuvenil, coa que se busca continuar mellorando a contorna do municipio. Este sábado 23 de abril, os voluntarios achegaranse ata o parque forestal da Picaraña para retirar todo o lixo ou restos de residuos que puideran quedar abandonados por toda a zona.

    O concelleiro de Mocidade e Voluntariado, Miguel Bouzó, destaca a implicación e contribución das mozas e mozos ponteareáns “na conservación da nosa contorna natural e a súa participación en iniciativas que buscan poñer en valor o noso patrimonio medioambiental, así como a importancia da colaboración e do traballo en equipo para a conservación dos nosos espazos”.

    A actividade comezará ás 10.00 horas e recoméndase acudir con auga, gorra, pantalón longo e cómodo, calzado con boa sola para maior seguridade, máscara e guantes, se son fortes mellor. As persoas interesadas poden solicitar información e inscribirse a través do correo electrónico voluntariado@ponteareas.gal ou do teléfono 687 764 516.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS