Venres, 2 Maio de 2025

Ponteareas

O sábado comezan as finais do certame ‘Talento Xove’ de Ponteareas no que participaron máis de 300 mozos e mozas

Logo do éxito de participación do certame Talento Xove, organizado pola concellería de Xuventude do Concello de Ponteareas no que participaron más de 300 mozos e mozas nas diferentes categorías, mañá dia 4 de maio dan inicio as finais en dúas das categorías, cociña e música.

O BNG denuncia a negativa de PP, ACIP e IP a solicitar máis médicos para Ponteareas

O BNG vén de amosar a súa preocupación ante a negativa de PP, ACIP e IP a debater unha moción para solicitar á Xunta que dote de máis médicos a Ponteareas, mantendo aberta a quenda de tarde, e a que reforce a Unidade de Saúde Mental para reducir as listas de agarda que alcanzan até un ano.

O Concello de Ponteareas busca dinamizar o comercio local no marco da celebración do Día da Nai

O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo en marca unha iniciativa na que os veciños e as veciñas deberán resolver un xogo de pistas consistente en atopar tres figuras distribuídas en tres escaparates diferentes dos establecementos do municipio.

O BNG oponse á supresión da quenda de tarde no Centro de Saúde de Ponteareas

O Centro de Saúde de Ponteareas volverá quedar sen quenda de tarde a partir do vindeiro 1 de maio. Así o denunciou o BNG, que xa presentou unha iniciativa ao Pleno para que a Corporación Municipal inste á Xunta a manter a quenda de tarde no Centro de Saúde de Ponteareas e dotar o cadro de persoal dos profesionais suficientes para unha atención sanitaria digna.

O BNG de Ponteareas congratúlase pola declaración de Ben de Interese Cultural do Corpus e lamenta que tardara sete anos

O BNG amosou hoxe a súa satisfacción pola aprobación no Consello da Xunta do Decreto polo que se declara Ben de Interese Cultural (BIC) do Patrimonio Inmaterial o Corpus Christi de Ponteareas, solicitado polo goberno local do Bloque no 2017 e que suporá “un novo recoñecemento e unha nova ferramenta para a difusión e a posta en valor da maior obra de arte colectiva do noso pobo”.

Ponteareas inaugura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

O Concello inaugura á exposición das mostras participantes no concurso ‘Talento Xove’, un certame que puxo en marcha a administración local co obxectivo de fomentar a participación dos mozos e das mozas en actividades creativas e artísticas. En total, inscribíronse máis de 300 persoas de ata 30 anos.

A ‘IX sestelo-Clásica Álvaro Pino’ homenaxeará ao exciclista ponteareán Jesús Carballido

O Concello de Ponteareas continúa apostando polas actividades que impulsan o deporte no municipio e, nesa liña, presentou na tarde de onte a novena edición da proba ciclista ‘Sestelo-Clásica Álvaro Pino’. O evento tivo lugar nos Xardíns da Xiralda e nel participaron a alcaldesa, Nava Castro; o edil de Deportes, Luis Rodríguez; a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez así como o presidente do GDR, Pablo Castillo e os ciclistas Óscar Mosquera, Jesús Carballido e Álvaro Pino. Tamén participou no acto Roberto Álvarez, do Grupo Sestelo.

Ponteareas organiza visitas aos ‘chiringuitos’ da Freixa para as persoas interesadas na súa explotación

O Concello de Ponteareas organiza varias visitas aos “chiringuitos” da Freixa para aquelas persoas que estean interesadas en presentar as súas solicitudes poidan obter información de primeira man. Serán o luns 15 e martes 16 de abril desde as 10:00 horas ata as 12:00 horas e non é necesaria inscrición previa.

Ponteareas en Común denuncia a exclusión da oposición da Mesa de Saúde por parte da alcaldía

O goberno actual de Ponteareas, liderado polo Partido Popular, promoveu recentemente unha mesa participativa sobre saúde, na que invitou a asociacións e organismos locais para que expuxesen as súas ideas sobre como mellorar a política relacionada con este ámbito na vila. Porén, a pesar do seu suposto carácter plural, o goberno do Partido Popular excluíu os partidos políticos da oposición desta mesa

Nava Castro representará a Ponteareas e á provincia na comisión de Cultura e Patrimonio da FEMP

A alcaldesa, Nava Castro, representará a Ponteareas e á provincia de Pontevedra na Comisión de Cultura e Patrimonio da Federación Española de Municipios e Provincia (FEMP). O órgano constituíuse hoxe en Madrid e ten como obxectivo poñer o foco de atención nos asuntos que preocupan ás diferentes localidades no referido a estas materias.

Ponteareas e Cogami asinan un convenio que pon fin á lista de agarda na atención temperá

O Concello asina o convenio coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) que permite rematar coa lista de agarda no servizo de Atención Temperá. No acto, participou a alcaldesa, Nava Castro e a concelleira de Benestar Social, Raquel Plana, así como o presidente e o responsable de COGAMI, Anxo Queiruga e Álvaro García, respectivamente.

O BNG advirte que o capricho de Nava Castro dun novo mercado sairá caro a Ponteareas

O BNG reaccionou ao anuncio da licitación da redacción do proxecto dun novo mercado en Ponteareas, a instalar na Nave de Aceiros na Avenida de Galicia advertindo que “o cese da actividade no actual Mercado suporá un grave prexuízo a todo o sector comercial do centro da vila, xa que provocará a perda de vitalidade nesta contorna”.