Venres, 2 Maio de 2025

Ponteareas

O director de Turismo da Xunta reinaugura o spa do Balneario de Mondariz

O director xeral de Turismo da Xunta, Xosé Manuel Merelles reinaugurou o spa do Balneario de Mondariz en presenza do presidente do Balneario de Mondariz, Javier Solano; o xerente Ricardo Fuciños; o actual equipo directivo; a responsable de Turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro; alcaldes e convidados. Unha segunda vida para o multipremiado spa que estrea instalacións a partir dunha realidade que prima as novas tecnoloxías, novas tendencias en balneoterapia e innovadores espazos que buscan o benestar para partir da auga.

Ponteareas prepárase para unha nova xornada de ‘Ponte en Xogo’

O Concello de Ponteareas convida a participar nunha nova xornada de “Ponte en Xogo”, unha actividade promove o xogo presencial con xogos de mesa que permiten a interacción entre xogadoras e xogadores.

López Campos resalta a “máxima protección” do Corpus de Ponteareas no seu primeiro ano como BIC

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe nun dos actos do Corpus Christi de Ponteareas, a ofrenda en homenaxe aos alfombristas falecidos, na que é a primeira edición que se celebra como festa declarada Ben de Interese Cultural, tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia o pasado mes de maio.

A Asociación Adapta confecciona unha alfombra solidaria de axuda á infancia no Corpus de Ponteareas

Persoas usuarias da asociación ADAPTA realizarán no Corpus Christi de Ponteareas unha alfombra de flores solidaria dedicada a impulsar o proxecto da Fundación Miguel Lago de Axuda á Infancia Dominicana, a Escola Taller Palmeritas en la Nieve, un proxecto nado desde o amor e que ten como obxectivo axudar á infancia.

O Pregón de Rogelio Groba Otero inaugura as primeiras festas de Corpus Christi declaradas Ben de Interese Cultural

Ponteareas inaugurou oficialmente os actos centrais da celebración do Corpus Christi coa lectura do pregón a cargo do director e compositor Rogelio Groba Otero, que estivo acompañado no acto oficial pola alcaldesa, Nava Castro, polo tenente de alcaldesa, Juan Carlos González e pola deputada provincial Sandra Bastos e o deputado Alejandro Lorenzo. Esta emotiva cita levanta o telón dun completo programa de festas que se prolongará ata o próximo 9 de xuño, tendo a xornada do domingo día 2 como a data máis esperada do programa.

Ponteareas presenta a campaña #Quereoteumercado da Xunta de Galicia de apoio aos mercados locais

O Concello presentou na mañá de onte a campaña #Quereoteumercado da Xunta de Galicia co obxectivo de apoiar aos comerciantes locais e concienciar e impulsar as compras na vila por partes dos veciños e veciñas. Con este motivo, o director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro, visitou o mercado municipal acompañado pola alcaldesa Nava Castro; o concelleiro de Comercio, Ricardo González; o concelleiro Francisco Represas e as concelleiras Silvia Fernández e Raquel Plana, así como diversos representantes do sector.

Ponteareas estrea nova web “renovada e adaptada ás necesidades da cidadanía”

O Concello presenta a súa nova páxina web institucional. Esta actualización chega como resposta á necesidade da cidadanía dun espazo dixital renovado, accesible e intuitivo, adaptado aos novos tempos.

O Concello de Ponteareas presenta a primeira edición do concurso «Balcóns floridos»

O Concello de Ponteareas lanza a primeira edición do concurso Balcóns Floridos, unha competición na que se valorarán as distintas decoracións florais dos balcóns da vila para incentivar a decoración das vivendas e recibir ao Corpus Christi. O certame xorde como unha iniciativa coa que poder reforzar o lazo entre a veciñanza e os espazos da vila mediante unha ornamentación acorde ás tradicións locais.

O CN Ponteareas ascende á Division de Honra ao ompoñerse na final da Liga Galega de Natación en primeira división

O CN Ponteareas fíxose coa vitoria, o campionato e o ascenso á Dvisión de Honra –xunto co CN Galaico de Pontevedra– logo de impoñerse nas probas da final da Liga Galega de Natacioón en 1ª división, disputadas o pasado sábado 11 de maio na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas.

Luisa Sánchez destaca o carácter solidario dos galegos e chama a bater un novo récord na ‘6h Vila do Corpus’ de Ponteareas

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, xunto á alcaldesa de Ponteareas e deputada provincial, Nava Castro, presentaron onte venres a V edición da carreira '6h Vila do Corpus', a cita co deporte e a inclusión que se celebrará o próximo 13 de xullo.

Máis de 250 deportistas danse cita en Ponteareas na fin de semana coa final da Liga Galega de Clubs e a Liga Galega de...

Esta fin de semana, a piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino verá desfilar a máis de 250 nadadores e nadadoras en dous eventos multitudinarios que foron presentados onte pola alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; o director técnico do Club Condado, Andrés Carrera e o concelleiro de Deportes, Luis Rodríguez.

A música, gran protagonista na fin de semana de Xinzo, Ponteareas, cos Festivais de Bandas Infantil e Xuvenil

A parroquia ponteareá de Xinzo presenta unha fin de semana cargada de música con dúas das súas citas anuais máis importantes. Ao longo das tardes do sábado e o domingo, as dúas bandas musicais da parroquia celebran os seus respectivos festivais, ambos no torreiro de festas de Xinzo.