Venres, 9 Maio de 2025

Ponteareas

ACiP lamenta a imaxe dada na Procesión dos Remedios

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP), Juan Carlos González Carrera, lamentou hoxe a "falta de previsión por parte do gobierno Municipal" e a "mala imaxe" que se deu onte na Procesión dos Remedios, un acto que, asegura González Carrera "é un aliciente para visitantes que baixan da Franqueira, xa que coinciden no mesmo día".

Xose Represas, “cunha orde cautelar de afastamento non se fai política, aplícase a lei”

"Agradecemos ao PSOE as suas suxestións que compartimos plenamente e teranse en conta no caso de que os informes xurídicos que solicitei o permitan". O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, contestaba así ao PSdeG-PSOE sobre as medidas a adoptar sobre un traballador municipal que ten unha orde cautelar de afastamento da súa exmuller, agora tamén contratada polo concello ponteareán.

As familias con ingresos limitados xa poden solicitar axudas para libros e comedor escolar en Ponteareas

A concellería de Ensino, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández, informa que xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia as bases das axudas para libros e material escolar para o curso 2019/2020 destinadas ao alumnado matriculado en educación infantil (4º, 5º e 6ª), FP básica, ciclos formativos e bacharelato.

O PSOE cualifica de “auténtica imprudencia” que un medio publique o lugar de traballo de mulleres vítimas de violencia machista

O PSdeG-PSOE de Ponteareas, nun escrito remitido aos medios de comunicación, cualifica de "auténtica imprucendia e falta de rigor por parte dun medio de comunicación, mencionar aspectos tan sensibles e privados como os centros de traballo das mulleres contratadas vítimas de violencia machista".

O goberno ponteareán sae ao paso da polémica sobre a contratación de vítimas da violencia de xénero

O goberno de Ponteareas saiu ao paso, na mañá de hoxe, das informacións aparecidas nun medio de comunicación sobre a contratación de vítimas de violencia de xénero e a orde de afastamento dun traballador municipal, noticia da que tamén se facía inmediatamente eco o PP asegurando que "pediría explicacións ao grupo de Goberno sobre esta situación".

Ponteareas convoca un concurso para escoller as fotos do ‘Calendario Galego de Ponteareas 2020’

A Concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba Bouza, informa que xa están publicadas as bases do “Concurso de Fotografía Calendario Galego de Ponteareas 2020” que este ano convoca o Concello de Ponteareas coa finalidade de seleccionar as fotografías que formarán parte do calendario municipal que o Concello de Ponteareas edita desde hai anos.

Ponteareas reafirmase na súa aposta pola igualdade

A concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, informa que xa está na rúa o boletín do CIM de setembro, que leva un ano publicándose por iniciativa desta concellería e no que se poderán informar dos cursos, obradoiros, actividades, formación formal e un longo etc de accións en prol da igualdade e nas que as mulleres son as protagonistas.

Os colexios de Ponteareas contarán, por primeira vez, co servizo de Aula Matinal

A concellería de Ensino, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández, anunciou hoxe a apertura do prazo de inscrición para a aula matinal dos centros educativos públicos tanto no ámbito urbano como no rural. Será a primeira vez que os centros educativos ponteareáns conten con este servizo que contribúe a mellora da conciliación da vida laboral e familiar.

Nova cata de viños na Casa Cultural de Arcos

A Casa Cultural de Arcos, como xa ven sendo habitual cada trimestres, acollerá este venres 6 de setembro, ás 21:30 horas, unha nova cata de viños da man de Templum Sensibus Viñoteca. Desta proponse facer un percorrido polos viños das Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.

Ponteareas promociona as razas autóctonas na Feira Tradicional dos Remedios

A concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba, adianta que nesta décimo terceira edición da Feira dos Remedios contarase con colaboracións especiais como a da Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) e a do Club Can de Palleiro.

A nova dirección do CEIP ‘Nosa Señora dos Remedios’ fomentará a autonomía do alumnado

A tenente de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina Fernández, reuníuse na mañá de hoxe co novo director do CEIP Nosa Señora dos Remedios, José Ángel Penas Tallón, para estudar as necesidades e apoios que o centro escolar precisará neste curso que comeza 2019/2020.

As festas de Ponteareas incluirán un horario de atraccións “sen música nin megafonías”

O concello de Ponteareas, por iniciativa das concellerías de Promoción Económica e Eventos, que dirixen Eva Gil e a tenente de alcalde Cristina Fernández, respectivamente, solidarízase coas persoas con diversidade funcional e promove os 'horarios sen música nas festas' para favorecer a inclusión de todas as persoas con autismo, síndrome de Asperxer e síndrome de Down entre outros diagnósticos