Mércores, 14 Maio de 2025

Ponteareas

Ponteareas facilita o distanciamento social dando preferencia ao tránsito peonil no centro urbano

Trala peonalización dos sábados e festivos iniciada a pasada semana a concellaría de Mobilidade e Tráfico que dirixe Roberto Mera dá un paso máis e adopta novas medidas de apoio á mobilidade peonil para garantir o distanciamento social na crise sanitaria. O concelleiro de Mobilidade e Tráfico lembra que “a rede peonil de Ponteareas é raquítica, ocupa só o 28 % do espazo público fronte ao 72 % que acapara o vehículo a motor".

A ‘feira dos sábados’ de Ponteareas abre mañá a venda de produtos agrícolas na praza de Bugallal

O Concello de Ponteareas deu conta hoxe da reapertura paulatina da actividade da 'feira dos sábados' que mañá reiniciará a súa actividade coa apertura de postos de produtos agrícolas (hortalizas, plantas, froitas...). Estes primeiros postos de venda ambulante de produción agrícola estarán ubicados na praza Bugallal para poder cumprir as esixencias de seguridade e distancia, estando os espazos delimitados e vixiados por Protección Civil.

O PP de Ponteareas doa o 50 % do salario para axudas a autónomos e empresas do municipio afectados pola crise da COVID-19

O PP de Ponteareas anunciou o ingreso do 50 % do salario correspondente aos meses de marzo e abril para axudas axudas aos afectados pola Covid-19. Os populares aseguran que para poder facer o ingreso "tiveron que insistir" para que o Concello lles facilitase o número de conta no que realizar dito ingreso.

O Corpus de Ponteareas reinvéntase para celebrarse a través dunha ‘recreación virtual’

A imposibilidade de celebrar a Festa do Corpus Christi como tradicionalmente se viña facendo polas restricións provocadas pola pandemia da COVID-19, non impedirá que Ponteareas teña a súa festa grande. Así que a máis emblemática festa ponteareá se reinventará para, tal e como anunciou o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, converterse nunha recreación virtual na que " as novas tecnoloxías e canles de comunicación serán a ferramenta para continuar co legado herdado dos e das nosas maiores".

O Concello de Ponteareas reúnese cos sindicatos para dar a coñecer as medidas para a progresiva reincorporación do persoal

O concelleiro de Persoal do Concello de Ponteareas Ponteareas, o socialista Benito Márquez, mantivo unha reunión informativa coas seccións sindicais con representación nas mesas de negociación, co obxectivo de dar a coñecer as novas medidas que o Concello ten previsto adoptar para a progresiva reincorporación do persoal municipal.

O Goberno pontearerán peonaliza o centro urbano en sábados e festivos para garantir unha mobilidade segura

O Concello de Ponteareas prepara diferentes medidas para garantir a mobilidade segura das persoas durante a crise sanitaria. Segundo explicou o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, “Ponteareas ten unha rede peonil raquítica. O espazo público para as persoas representa o 28 % fronte ao 72 % que ocupan os vehículos. A maioría das beirarrúas, onde existen, son moi estreitas e non permiten cumprir as normas de distanciamento social e seguridade nos desprazamentos”.

Ponteareas reafirmase no seu apoio ás familias máis vulnerables dotando de máis medios á área de Benestar Social

O Concello de Ponteareas reforzou os Servizos Sociais municipais para atender a quen máis o necesita como consecuencia da crise sanitaria provocada polo...

Conservatorio e Escola Municipal de Música abren a preinscrición online

A Concellería de Educación do Concello de Ponteareas, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, deu conta hoxe da apertura do prazo de preinscrición tanto para o Conservatorio Profesional de Música 'Reveriano Soutullo, coma da Escola de Música 'Vila do Corpus'. A preinscrición pode realizarse a través da páxina web do Conservatorio

As bases das axudas aos negocios de Ponteareas poden consultarse xa na web do Concello

O Goberno local de Ponteareas anunciou hoxe que as persoas interesadas xa poden consultar as bases para a concesión das axudas económicas aos negocios do municipio afectados pola declaración do estado de alarma polo COVID-19.

Ponteareas dará axudas directas a autónomos, comercios e empresas afectadas polo COVID-19

O Concello de Ponteareas, a través da concellarías de Facenda, Emprego e Promoción Económica, ven de crear unha liña extraordinaria de axudas, que se concederán de forma directa a autónomos, comerciantes e empresas. Estas axudas promovidas polo goberno BNG-PSOE incorporan gran parte das propostas realizadas por ACiP, logo dunha reunión de portavoces da Corporación celebrada a pasada semana.

O alumnado de ‘La Inmaculada’ de Ponteareas debuxa o seu agradecemento ao persoal dos servizos básicos

O CPR Plurilingüe 'La Inmaculada' de Ponteareas e baixo o título 'O noso vector de ilusión' puxo en marcha unha fermosísima iniciativa: facer chegar o agradecemento a todos e todas os que, diariamente, expoñen a súa saúde saíndo a rúa para que á cidadanía non lle falten os servizos básicos.

#FaiPonteConNós, campaña de apoio ao comercio local e hostalería de Ponteareas

O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Promoción Económica, que dirixe a nacionalista Eva Gil, puxo en marcha nas redes sociais Instagram e Facebook unha campaña baixo o hastag #FaiPonteConNós para apoiar ao comercio e hostalaría local durante o estado de alarma e na fase seguinte de recuperación.