Venres, 18 Xullo de 2025

O Condado

O festival das Letras Galegas continúa en Guillade

O festival das Letras Galegas continúa esta fin de semana na parroquia de Guillade. O Centro Cultural acolle este sábado 21 de maio dúas novas actuacións de balde nas que público de todas as idades poderá gozar da música e do teatro.

A depuradora de Vilasobroso, unha obra mal proxectada que precisa de máis recursos municipais para comezar a funcionar

O Goberno de Mondariz continúa traballando para dotar de conexión eléctrica á estación depuradora de augas residuais construída a finais do ano pasado en Vilasobroso para dar servizo a unha decena de vivendas dos barrios da Pena e do Cruceiro.

A mocidade ponteareá achégase este venres ao brilé, o gran sobrevivente dos xogos

Nova xornada de lecer ao abeiro do programa Mocidade Viva. Este venres 20 de maio, o parque das Pombas acollerá unha xornada de brilé ou balón prisioneiro, un xogo tradicional que aínda é moi practicado hoxe en día nos centros educativos pero que case non se ve nas rúas.

A película documental “A poeta analfabeta” chega a Redondela e Ponteareas

O Ciclo Mestre Mateo, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, celebrará os vindeiros días 21, 27 e 28 a súa terceira sesión coa proxección nos concellos de Forcarei, Poio, Redondela, Ponteareas e Cambados do documental “A poeta analfabeta”.

Parabéns á poeta ponteareá Teresa Ríos polos galardóns no Certame Vilariñas e no aRitmar

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, traslada os parabéns en nome de todo o Goberno local á poeta ponteareá Teresa Ríos, que acaba de engadir nestes días dous novos galardóns á súa traxectoria.

A depuradora de Vilasobroso segue sen funcionar 10 meses despois do remate das obras

Os concelleiros Xoán C. Montes e Tino denuncian que a EDAR, pensada para dar servizo aos barrios da Pena e O Cruceiro, segue sen servizo despois de investir máis de 137 000 €

Iniciadas as obras do camiño escolar que transformarán a rúa Trobador Xoán García de Guillade e outras da contorna

O Concello de Ponteareas iniciou as obras de transformación da rúa Trobador Xoán García de Guillade, que se converterá nun espazo público de calidade para as persoas.

A Deputación leva aos concellos do Baixo Miño, Condado Paradanta, Val Miñor e Redondela o espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’

As actividades das Letras Galegas organizadas dende os servizos de Lingua e Memoria da Deputación de Pontevedra chegarán a 35 concellos de todas as comarcas da provincia para dar a coñecer a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán grazas ao espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’.

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra obtén un balance positivo do mes de abril

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra ratifica a boa acollida que ten o seu contido museográfico entre veciños e foráneos.

Ponteareas elabora un plan integral para converter a área fluvial da Freixa-San Roque nun excepcional espazo natural e de ocio

Ponteareas quere converter a área fluvial da Freixa-San Roque, no río Tea, nun excepcional espazo público, natural e de ocio.

Salvaterra conmemora o Día das Letras Galegas

O próximo 15 de maio o Coro Cantemos de Salvaterra de Miño organiza, coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño, o seu concerto das Letras Galegas xunto a Coral Polifónica Santa María de Salceda, no salón de actos da Casa de Cultura de Salvaterra.

Mondariz celebra o mes da lingua cunha intensa programación de actividades socioculturais

O Concello de Mondariz continúa este mes de maio cunha intensa programación primaveral de actividades socioculturais para celebrar a nosa lingua.