Venres, 12 Setembro de 2025

O Condado

Teatro sobre sucesos e curiosidades de Ponteareas

Despois de máis dun ano buscando historias que vexan a luz, o grupo de teatro comunitario A Comuna súbese por primeira vez a un escenario para estrear ‘Cando o río sona’, unha representación no que o elenco escenificará sucesos ocorridos en Ponteareas e as súas 24 parroquias.

Mondariz avanza nos traballos para unha nova captación de auga no barrio do Couto

Esta semana, veciños da parroquia de Lougares puideron sentir os ruídos dunha escavadora no barrio do Couto. Baixo a atenta mirada do concelleiro de Mobilidade e Urbanismo, Leopoldo Tato, os operarios avanzaron na apertura dunha nova e necesaria captación de auga.

Rosalía de Castro desembarca co seu herbario en Ponteareas

Rosalía de Castro chega a Ponteareas co seu particular herbario. A autora, unha das grandes poetas da paisaxe, protagoniza a exposición ‘Nasín cando as prantas nasen.

Na biblioteca municipal de Ponteareas ‘As cousas pequenas contan’

A biblioteca municipal de Ponteareas acolle este venres 16 unha nova actividade coa que fomentar a lectura entre a cativada dun xeito lúdico e atractivo. Ao abeiro do programa ‘Ler Conta Moito’ da Xunta de Galicia, a partir das 19.00 horas nenos de 5 a 12 anos poderán gozar coa actividade ‘As cousas pequenas contan’, de Julio Varela Aparicio.

Diversión en verán na ludoteca municipal de Ponteareas

A ludoteca municipal de Ponteareas prepárase para abrir as súas portas un verán máis e facer gozar a nenos e nenas de 6 a 12 anos dunhas vacacións estivais chegas de lecer lúdico, divertido e educativo.

Ponteareas honra a 18 alfombristas coa Medalla de Prata do Corpus Christi 2023

Ponteareas prepárase para celebrar o seu Corpus por todo o alto. A uns días de que arranque unha nova edición da festa grande da vila, o Concello aprobou este martes en pleno por unanimidade a concesión das Medallas de Prata do Corpus Christi 2023 aos alfombristas propostos polas entidades de cada tramo.

Curso de defensa persoal para mulleres en Salvaterra

O Concello de Salvatera de Miño ofrece un curso de defensa persoal. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe e ata o vindeiro día 16 de xuño.

Dura etapa do circuíto galego de augas abertas Arzúa-Ulloa 2023 en Ponteareas

O sábado 10 de xuño celebrouse o VII Campionato Galego de augas abertas no río Tea, en Ponteareas. Ésta era a primeira das 8 etapas que compoñen o circuíto galego de augas abertas Arzúa-Ulloa 2023.

Nava Castro segue tendendo a man a ACIP para un goberno de coalición en Ponteareas

Nava Castro mantén a man tendida desde a mesma noite electoral cando se converteu na candidata máis votada e polo tanto a opción predilecta para a maioría da cidadanía de Ponteareas

Mondariz transformará a escola do Redo de Vilar nun centro comunitario

A Xunta de Goberno da Deputación vén de dar luz verde a unha achega da Liña 1 do Plan Concellos por preto de 70.000 euros (67.352 €) para Mondariz, que irá destinada á terceira fase da reforma integral da escola de Redo de Vilar, que está en proceso de converterse nun novo centro comunitario para a veciñanza da vila.

Ponteareas e A Orotava conmemoran os 40 anos de unión

Ponteareas e A Orotava conmemoran 40 anos de unión, de experiencias e tradicións compartidas no Corpus. A alcaldesa da vila, Cristina Fernández, presidiu a recepción oficial ás delegacións convidadas este ano a participar no Corpus Christi 2023 coas catro décadas de irmandade coa vila tinerfeña moi presente.

Salvaterra retoma os cursos de natación para este verán

O Concello de Salvaterra de Miño retoma este ano os cursos de natación de verán na piscina municipal da vila.