18.4 C
Pontevedra
Martes, 26 de Setembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra retoma os cursos de natación para este verán

    Salvaterra retoma os cursos de natación para este verán

    O Concello de Salvaterra de Miño retoma este ano os cursos de natación de verán na piscina municipal da vila.

    Tras anos sen poder realizar os cursos, este ano retómase a actividade en colaboración, coa Asociación Deportiva Salvaterra.

    Os cursos impartiranse durante todo o mes de xullo e agosto de martes a venres, en horario de mañá, en diferentes franxas horarias dependendo da idade:

    • De 10:00 a 11:00 horas ou de 11:00 a 12:00 horas, nados entre 2007 e 2015
    • De 12:00 a 13:00 horas ou de 13:00 a 14:00 horas, nados entre 2016 e 2019
    • De 14:00 a 15:00 horas, nados antes de 2006 (grupo adulto)

    O prazo de inscrición estará aberto ata o 23 de xuño, para matricularse é necesario cubrir a folla de inscrición e enviala ao correo adasalvaterra@yahoo.es. O prezo da matrícula para un mes completo é de 35 € para os nenos e de 40 € para o grupo dos adultos.

    O pago para o curso de xullo poderá facerse ata o 28 de xuño para o curso de xullo e ata o 27 de xullo para participar no de agosto. O número de prazas é limitado e adxudicaranse por orde de solicitude.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS