O Concello de Salvatera de Miño ofrece un curso de defensa persoal. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe e ata o vindeiro día 16 de xuño.
Esta acción en pro da igualdade, enmárcase no Pacto de Estado contra a violencia de Xénero a través do Ministerio de Igualdade.
Este obradoiro impartirase durante os días 19 e 20 de xuño, en horario de 10:00 a 12:00 horas, na casa da cultura de Salvaterra de Miño. Poderá anotarse calquera muller do concello nesta dirección animacion@concellodesalvaterra.com. As admisións serán por orde de chegada e ata un máximo de 25 persoas.
A finalidade destas accións, ademáis das inherentes ao obxecto propio das mesmas, é que se pretenden sirvan asimesmo como un espacio de encontro así como creación de rede social para as participantes.
Do desenvolvemento desta acción pode ser xurdan novas ideas e iniciativas co obxectivo de continuar a previr, concienciar e sensibilizar á poboación e promocionar a Igualdade.
Esta acción é unha continuación da liña de traballo que vén seguindo este Concello a través doutras campañas e accións de sensibilización e difusión para loitar contra a violencia de xénero, como o concurso de slogans e campañas de prevención que levan moitas edicións xa.
Consideramos necesario facer fincapé na importancia de seguir traballando por unha sociedade máis xusta e igualitaria, un reto no que debemos estar unidos todas as administracións e a poboación en xeral, sendo entre outros éste, o obxectivo final destas accións”.