Sábado, 3 Maio de 2025

O Condado

Ángel Gabilondo fala en Ponteareas de liberdade e igualdade

A comitiva socialista pasou por Ponteareas con Ángel Gabilondo, portavoz na Asamblea de Madrid, á cabeza. Nun mitin celebrado no Auditorio ponteareán, Gabilondo estivo acompañado do secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero; da candidata ao Congreso, Olga Alonso; da candidata ao Senado, Vanesa Fernández e da portavoz socialista no Concello de Ponteareas, Chus Garrote.

Adenco, 30 anos de duro traballo de divulgación da micoloxía

As Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista ADENCO chegan este ano á súa trixésima edición, unha actividade en torno ao mundo dos cogomelos que se desenvolve de maneira ininterrumpida desde a constitución do colectivo en 1990. As Xeiras son un referente no mundo da micoloxía no sur da Provincia de Pontevedra

As Neves inviste máis de 31.000 euros na rehabilitación de catro ‘infravivendas’

As Neves vén de recibir do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) a concesión de subvencións, con cargo ao Plan Rehavita, para axudar á reparación de catro vivendas rabicadas nas distintas parroquias do concello.

O BNG lamenta que “a oposición non se poña do lado da veciñanza” na aprobación do PXOM

O BNG, a través do seu concelleiro Roberto Mera, lamentou no Pleno celebrado onte “que PP e ACIP non aproveitaran a ocasión para cambiar a súa postura e poñerse do lado do goberno e da veciñanza apoiando o PXOM”. Mera bromeou acusando á oposición de “querer converter un acto administrativo de trámite nun drama e unha traxedia"

O Pleno de Ponteareas aproba os documentos do PXOM solicitados pola Xunta

O Pleno do Concello de Ponteareas deu un novo paso na tramitación da aprobación definitiva do PXOM ao aprobar, cos votos en contra de PP e ACIP, os documentos solicitados pola Xunta de Galicia. Deste xeito o goberno dá resposta á Dirección Xeral de Urbanismo, quen detectara varios erros materiais e a ausencia dalgúns documentos que debían subsanarse mediante a intervención do Pleno.

Cita de cine na programación de «Mocidade Viva» de Ponteareas

A mocidade ten unha cita co cine este xoves día 31 na sala multiúsos do auditorio municipal dentro da programación de 'Mocidade Viva'. A concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, recórdalle aos mozos e mozas que ás 21 horas se proxectará 'La noche de halloween'.

As Neves pide á Xunta o cumprimento das normas de seguridade nas obras da Escola Infantil

Os traballos para que a nova Escola Infantil de As Neves sexa unha realidade seguen adiante, aínda que, segundo denuncia o Goberno local, "non coas garantías de seguridade necesarias e co ritmo para cumprir cos prazos comprometidos".

Salvaterra mellorará o firme de Rosalía Castro e ampliará as beirarrúas no Campo da Feira

A alcadesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, vén de asinar o contrato coa empresa Vías e Servizos Compostela S.L. para a mellora da capa de rodadura da PO 400 –dende a glorieta existente na Rúa Castelao ata a glorieta da PO 510 coa PO 402– e a propia PO 400, estrada que a Xunta de Galicia ven de traspasar ao Concello.

Magnífico papel das patinadoras do CPA Condado en Ponteareas

A pasada fin de semana celebrouse en Ponteareas a III Fase de Categoría Rexional e Probas de Acceso a Categoría Nacional e o CPA Condado de Salvaterra asinou un extraordinario papel co acceso á categoría nacional de Ruth González en alevíns, mentres que Dubra Outeiro, en categoría infantil, quedaba ás portas do ascenso.

As Neves inviste preto de 255.000 euros na mellora de Rosalía de Castro e a súa contorma

O Concello de As Neves está a executar, dende hai varios días, o proxecto de mellora da mobilidade e seguranza viaria na rúa Rosalía de Castro e a súa contorna. As obras abranguen o ámbito da igrexa, a Praza de San Agustín e o aparcadoiro do Colexio.

Localizado sen vida un home no interior dunha vivenda en chamas

Un home foi atopado sen vida no interior dunha casa ardendo no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño. A vítima, con mobilidade reducida, foi localizada polos bombeiros de Ponteareas na súa cama cando conseguiron entrar no interior da vivenda para atallar o lume que comezou polo tellado, e que destuiu por completo o inmoble no lugar de Souto.

Ponteareas terá aberto ata o 8 de novembro o prazo de solicitude de axudas para entidades sociais

A concellería de Benestar Social do Concello de Ponteareas que dirixe Verónica Carrera informou que dende onte venres 25 de outubro e ata o vindeiro venres 8 de novembro estará aberto o prazo para solicitar as axudas dirixidas a entidades sociais.