Sábado, 12 Xullo de 2025

O Condado

Ponteareas reforza a atención telefónica e telemática durante o estado de alarma

O Concello de Ponteareas reforzará, durante o tempo que dure o estado de alarma decretado polo Goberno, o servizo de atención telefónica e telemática...

Ponteareas suspende todas as actividades educativas, culturais e deportivas, o mercado do sábado e cursos de formación

Nunha reunión mantida coa representación do cadro de persoal o alcalde Xosé Represas comunicou que "o primeiro é a saúde do persoal municipal e da cidadanía, polo que o desenvolvemento do traballo no Concello supeditarase ás precaucacións necesarias para evitar contaxios".

A ACD Sanomedio organiza, para esta fin de semana, unha ruta BTT e outra de sendeirismo nas Neves

A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio (ACD Sanomedio) organiza un ano máis, co o apoio do Concello das Neves a súa a IX ruta BTT 'Los 66 del Requesón', proba que terá lugar este vindeiro domingo. Paralelamente desenvolveráse unha ruta de sendeirismo, apta para todas as idades, cun percorrido de 13 quilómetros.

Amador Castro Moure fala en Ponteareas da súa novela ‘Shangai a Barcelona’ nunha nova edición de Venres D_letras

O chantadino Amador Castro Moure visitará este venres Ponteareas para participar no ciclo literario 'Venres D_letras', organizado pola Concellería de Cultura,...

A Asociación do Patrimonio Val do Tea amosa nos colexios de Ponteareas o valor patrimonial da comarca

A 'Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea' que recentemente vén de colaborar coas I Xornadas sobre Patrimonio do Condado, celebradas a pasada semana no Museo de Ponteareas, iniciará mañá mércores, 11 de marzo, unha máis que interesante iniciativa que terá como destinatarios os centros educativos de primaria, secundaria e bacharelato de Ponteareas.

Doblete para o C.N. Ponteareas no Campionato Galego de Fondo

O Club Natación Ponteareas vén de pechar unha extraordinaria fin de semana ao proclamarse Campión Galego de Fondo na categoría máster, por partida doble, nos campionatos galegos disputados na piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela onde o equpo ponteareán competía nas probas dos 800 e 1.500 metros.

Ponteareas aposta decididamente pola peonalización

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico Roberto Mera deu a coñecer os resultados da enquisa cidadá realizada no marco do Plan de Mobilidade durante o mes de novembro do pasado ano. Un total de 491 persoas responderon ao cuestionario que estivo dispoñíbel durante quince días para ser cumprimentado por calquera cidadán ou cidadá. Mera agradeceu a participación veciñal “que foi moi elevada se se compara con procesos semellantes realizados noutros concellos da entidade de Ponteareas nos que as enquisas apenas acadaron o centenar”.

A internacionalización da ‘XXIX Feira do Requeixo e o Mel’ das Neves

A Escola Profesional do Alto Miño Interior (EPRAMI) de Monção acolleu, onte sábado, a presentación oficial da que será a vixésimo novena edición da 'Feira do Requeixo e o Mel' das neves que se desenvolverá os días 11 e 12 de abril, e que contará cun amplo abano de actividades. O acto de presentación contou coa presenza do alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez; o vereador de Acción Social, Cultura e Turismo de Monção, João Oliveira; a concelleira de Cultura das Neves, Rocío Barreiro e o presidente da Cooperativa do Requeixo das Neves, Alejandro Martínez.

As Neves pon en funcionamento un moderno sistema de control horario do persoal municipal

Dende o pasado luns, 2 de marzo, está en funcionamento no Concello de As Neves un 'Sistema de Control Horario' dos traballadores e traballadoras municipais, que neste momento son 37 persoas e que no verán chegarán a 53.

‘Casa O’Rei’ de Ibuprofeno Teatro, hoxe en Ponteareas

A auditorio municipal de Ponteareas acolle mañá sábado ás 20:30 horas, a representación da obra de teatro 'Casa O`Rei' de Ibuprofeno Teatro, un espectáculo escrito e dirixido por Santiago Cortegoso galardoado co premio 'María Casares' nas categorías de mellor actor protagonista e música orixinal.

As ‘I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado’ superaron as expectativas da organización

O concelleiro de Innovación de Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez, clausurou as I Xornadas sobre o Patrimonio do Condado arroupado polo historiador Rafael Sánchez Bargiela que foi o último conferenciante destes cinco días de coñecemento da nosa historia.

Mondariz contratará 20 persoas para obras e servizos municipais

O Concello de Mondariz reforzará este ano os servizos públicos municipais coa contratación de 20 persoas. A partir de abril incorporaranse dous operarios para recollida de lixo, un conductor, un auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e un albanel. A estas contratacións sumaranse outras posteriormente, como as dun animador sociocultural, un operario de ocupacións diversas, un fontaneiro, expertos forestais, peóns para a limpeza viaria e socorristas.