Martes, 8 Xullo de 2025

O Condado

Alfonso Pexegueiro e Vanesa Sotelo presentan a versión teatralizada da ‘Illa das Mulleres Loucas’

A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a cidadanía a participar na presentación da versión teatralizada do libro de Alfonso Pexegueiro A Illa das Mulleres Loucas. A presentación será o sábado día 11 ás 19 horas no auditorio municipal de Ponteareas. Todos e todas as interesadas deberán reservar praza no enderezo electrónico [email protected] ou chamando ao número de teléfono 618 705 635.

Ponteareas licita as obras de intervención na Praza Bugallal

O goberno do BNG-PSOE informou da apertura do prazo de licitación das obras de intervención na Praza Bugallal e contorna. Unha actuación que se enmarca na estratexia 'Ponteareas Hábitat Saudable' que ten como finalidade transformar a vila pensando nas persoas, especialmente na xente maior, nas nenas e nos nenos e nas persoas con mobilidade reducida.

Ponteareas expresa o total rexeitamento ao peche de unidades educativas

A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández Davila, solicita á Xunta de Galicia "que deixe de pechar unidades educativas nos centros escolares de Ponteareas" sendo hoxe máis imprescindible que nunca aulas menos numerosas que garantan non só a calidade dun ensino máis persoalizado se non tamén as normas de distanciamento e seguridade sanitaria".

A Deputación remata as obras de mellora da seguridad peoníl no acceso á igrexa de Guláns, en Ponteareas

A Deputación de Pontevedra segue a apostar por unha mobilidade viaria segura coa finalización das obras do proxecto de mellora e mobilidade peonil na EP-4004. En concreto, a actuación levouse a cabo nun tramo de case 500 metros da estrada, que dá acceso á igrexa e o cemiterio de Guláns así como ao colexio Feliciano Barrera, no concello de Ponteareas.

Pontón pide en Ponteareas “concentrar no BNG todo o voto do cambio galego” para abrir un “tempo novo” en Galicia

A candidata á Presidencia, Ana Pontón, aproveitou o mitin de Ponteareas para apelar á mobilización masiva das persoas que queren construír unha nova Galiza e a concentrar todo o voto de cambio real no BNG, como a mellor alternativa para deixar atrás once anos de retroceso e decadencia legado do PP. Para conseguir ese cambio galego que unha maioría social desexa a receita é dobre: mobilización masiva nas urnas e concentración do voto no BNG.

Ponteareas presenta a cuarta edición da súa Feira do Libro

Do xoves día 9 ao domingo día 12 a praza Maior acollerá ás escritoras e escritores de máis renome para asinar as súas obras

Máis de setenta cativas e cativos comezaron un verán de aventuras no ‘Campus Tea’ e no ‘Verán Rural’

Máis de setenta cativas e cativos de Ponteareas comezaron onte a vivir un mundo de aventuras e experiencias nos campamentos 'Campus Tea' e 'Verán Rural' que a Concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, ofrece para facilitar a conciliación laboral e familiar.

A Concellería de Medio Ambiente de Ponteareas pide a colaboración cidadá para rematar cos vertedoiros incontrolados

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, que dirixe Rosa Covelo, lamentou a aparición dun novo vertedoiro incontrolado no Confurco. Covelo solicita a colaboración cidadá para atopar aos e ás responsables destes vertidos que supoñen un atentado para o medio ambiente pero tamén unha falta de consideración e respecto polos bens comúns e polo resto da veciñanza.

O Concello de Ponteareas, orgulloso da súa comunidade educativa

A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, quere trasladar os seus parabéns a toda a comunidade educativa por ter superado un terceiro trimestre e un final de curso completamente improvisado fóra da normalidade. A concelleira participou nestes días nos distintos consellos escolares nos que se avaliou a situación vivida e se adiantaron ideas e propostas para reforzar o sistema educativo de cara ao vindeiro curso.

O Goberno das Neves proporá ao Pleno instar a Abanca para que deixe de cobrar comisións abusivas

O Goberno local das Neves levará ao Pleno da Corporación do vindeiro martes, unha proposta de acordo instando a Abanca a que elimine as comisións abusivas e que devolva as xa cobradas. Ademais, o Goberno municipal, integrado polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE), fará extensiva esta solicitude a todas as entidades bancarias que operan nas Neves.

O PP de Ponteareas solicita a devolución das comisións cobradas a centos de Ponteareáns por Abanca

Os populares de Ponteareas levaron ao Pleno do pasado martes, 30 de xuño, unha moción de urxencia para que toda a Corporación Municipal acordase solicitar á entidade financeira Abanca a retirada e a devolución inmediata das comisións bancarias cobradas aos veciños/ as de Ponteareas por consideralas abusivas no momento actual.

A Xunta ignora absolutamente á Entidade Local Menor de Vilasobroso

O alcalde pedáneo da Entidade Local Menor (ELM) de Vilasobroso, Alexandre Estévez, lamentou hoxe que varias subvencións da xunta destinada a estas entidades locais e solicitadas pola ELM "foron denegadas por vontade política". Na última ocasión, para máis desprezo, a denegación de subvención foi remitida ao concello de Mondariz "ignorándose as canles administrativas que a Entidade dispón por ter capacidade xurídica suficiente", asegura Estévez.