Venres, 4 Xullo de 2025

O Condado

Rematadas as obras de mellora de infraestructuras deportivas no campo municipal de Dextros

O concelleiro de Deportes Edgar Martínez revisa as obras realizadas no campo de fútbol municipal de Dextros xunto ao presidente da Sociedade Deportiva Salvaterra Antonio Gándara. As obras que consistiron, básicamente, na mellora da acessibilidade en espazos públicos e melloras nos vestiarios e zonas comúns.

Ponteareas amplía a máis rúas e parroquias a recollida selectiva de aceites de cociña usados

A Concellería de Medio Ambiente que dirixe a nacionalista Rosa Covelo ampliou a recollida selectiva de aceites de cociña usados coa instalación de novos colectores no centro urbano e en cinco parroquias que se suman á de Xinzo, a única que dispuña deste servizo.

‘Defendendo o Tea’ súmase, un ano máis, á ‘Limpeza simultánea de ríos’ promovida por Adega

O próximo domingo día 27 de setembro realizase a limpeza simultánea de Ríos promovida por Adega dentro do 'Proxecto Ríos'. Como cada año 'Defendendo o Tea' estará aí, 'mollándose polo río', traballando arreo para eliminar o lixo que xentiñas un tanto descerebradas, tiran ao Tea como se fora un vertedoiro.

O Baixo Miño e o Condado-Paradanta apostan pola rede ‘Ágora’ da Deputación para recuperar espazo público para as persoas reducíndollo aos coches

Tres de cada catro municipios da provincia, un total de 44, formalizaron a súa adhesión á rede ‘Ágora’ de concellos pola recuperación do espazo público impulsada pola Deputación. Trátase dun proxecto do departamento de Mobilidade que ten como obxectivo que os municipios da provincia multipliquen o espazo destinado ás persoas nas vilas, cidades e calquera núcleo de poboación reducíndoo aos vehículos a motor.

A Xunta recibe as obras da depuradora de augas residuais da plataforma loxístico-industrial de Salvaterra-As Neves

Técnicos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) acaban de proceder á recepción das obras de construción da estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Plataforma Loxístico-Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), dando un paso máis cara a posta en funcionamento do parque empresarial.

Mondariz da a coñecer unha ampla programación cultural para este outono

O Concello de Mondariz vén de dar a coñecer a súa progración cultural de outono, unha serie de actividades nas que abunda o cinema e o teatro e repítense actividades que tiveron unha grande aceptación en edicións pasadas como as xornadas de micoloxía –que cada vez contan con máis persoas afeccionadas ao mundo dos cogomelos– e as clases de defensa persoal para mulleres.

O Club de Petanca Condado Salvaterra participará nos campionatos de España que se celebrarán en outubro en Palma de Mallorca

O Club de Petanca Condado Salvaterra vén de certificar a súa presenza nos campionatos de España que terán lugar os vindeiros días 17 e 18 de outubro en Palma de Mallora. A presenza nesta cita do club salvaterrense consegiuse esta pasada fin de semana logo de quedar primeiro clasificado na fase previa Campeonatos de España Dupletas de Segunda, disputada nas pistas da ACD Xestas e sempre baixo o protocolo FisiCovid-DXTGalego Petanca.

Primeira competición de natación en piscina tras o estado de alarma

Esta fin de semana o CNPonteareas, en colaboración coa Federación Galega de Natación e o Concello de Ponteareas, organizou a primeira proba en piscina que se disputaba en Galicia tras o parón en marzo do calendario de competicións.

Mondariz inicia o proceso de restauración da fonte da Fichoca

O Concello de Mondariz vén de adxudicar por un importe de 25.314,15 € o proxecto de recuperación e valorización da contorna da fonte da Fichoca, un espazo actualmente degradado que se sitúa no centro da parroquia de Meirol, entre os barrios de O Carballal, Amil e Outeiro.

Retómanse as clases presenciais do curso impartido pola empresa adxudicataria do servicio de Axuda ao Fogar

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración coa empresa IDADES S.L. veñen traballando e apostando pola formación e capacitación, neste senso a través...

Mondariz acollerá a xornada “Aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal, aromático e cosmético”

O vindeiro sábado 10 de outubro, a Biblioteca Municipal de Mondariz acollerá a segunda edición do obradoiro "Aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal, aromático e cosmético" que constará de dúas sesións, unha de mañá e a outra de tarde. Ademais, o día 3 de outubro, producirase a primeira edición da mesma xornada técnica.

Ponteareas súmase ao Día Europeo Sen Coches con actividades que buscan promover o uso da bicicleta

No marco da Semana Europea da Mobilidade, Ponteareas súmase ao Día Europeo Sen Coches cunha xornada de actividades que terá lugar mañá martes e na que se promoverá o uso de bicicletas como alternativa para os desprazamentos, así o anunciou o concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera, que adianta que por vez primeira Ponteareas se suma ao evento anual “A cidade sen coche” no que en 2019 participaron 3.136 cidades europeas.