15.2 C
Pontevedra
Xoves, 30 de Novembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz acollerá a xornada "Aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal,...

    Mondariz acollerá a xornada “Aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal, aromático e cosmético”

    O vindeiro sábado 10 de outubro, a Biblioteca Municipal de Mondariz acollerá a segunda edición do obradoiro “Aproveitamento sostible de plantas galegas de interese medicinal, aromático e cosmético” que constará de dúas sesións, unha de mañá e a outra de tarde. Ademais, o día 3 de outubro, producirase a primeira edición da mesma xornada técnica.

    A entrada ao obradoiro é de balde, e haberá que inscribirse previamente ata o 6 de outubro. Para inscribirsé hai que descargar a folla de inscrición na páxina web da Consellería do Medio Rural: https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-deformacion-2020. Despois, cubrir a folla de inscrición e enviar a: infolourizan.mr@xunta.gal.

    Os destinatarios destar xornadas son:

    • Persoas do medio rural
    • Traballadores do sector agrario, agroalimentario e forestal
    • Propietarios agrícolas ou forestais
    • Membros de comunidades de montes veciñais en man común e de asociacións rurais
    • Titulados da rama agro-forestal
    • Empresas agrícolas, agroalimentarias e forestais

    O aforo da actividade será limitado, cumprindo así todas as medidas do protocolo da Covid-19. A sesión da mañá constará dunha serie de presentacións sobre os tipos de planta, procedencia e as posibles aplicacións terapéuticas. Ademais do cultivo das mesmas e o procesado.

    Xa na sesión da tarde, desenvolverase un taller práctico que se centrará nas normas de recolección de plantas para uso medicinal e aromático ou na obtención de extractos de plantas medicinais e aromáticas.

    Toda a información podes atopala descargando o cartel nesta ligazón.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.