Sábado, 18 Xaneiro de 2025

‘Defendendo o Tea’ súmase, un ano máis, á ‘Limpeza simultánea de ríos’ promovida por Adega

Voluntarios e voluntarias, sacrifican os eu tempo de lecer nun traballo que beneficia a toda a veciñanza que pode gozar dun Tea un pouco máis limpo

O próximo domingo día 27 de setembro realizase a limpeza simultánea de Ríos promovida por Adega dentro do ‘Proxecto Ríos’. Como cada año ‘Defendendo o Tea’ estará aí, ‘mollándose polo río’, traballando arreo para eliminar o lixo que xentiñas un tanto descerebradas, tiran ao Tea como se fora un vertedoiro.

Este domingo, polo tanto, é un bo momento para poñer o noso gran de area, achegarnos e participar. Será un xeito de facer algo diferente e rematar coa satisfacción de que algo fixemos por evitar a degradación medioambiental dun lugar extraordinariamente fermoso como o río Tea.

Este ano “como e un tanto especial”, explica Defendendo o Tea, as e os participantes deberán achegarse con máscara de protección e luvas, recoméndan que as luvas “sexan as de toda a vida de limpiar que temos na casa”. Tamén non está de máis levar calzado apropiado para andar pola beira do río e sobre todo, engaden, “ganas de recoller o que outros tiran”.

O lugar de encontro este ano será a praia da Freixa de 9:30 h a 9:45. O teléfono para anotarse é o 696 65 50 89 (Marta).