Martes, 8 Xullo de 2025

O Condado

Agasallos e nomeamentos de honra con motivo do Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas

A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, celebra o vindeiro luns 11 de xaneiro o Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas. A partir das 18:30 horas na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas procederase ao nomeamento da persoa usuaria de honra na categoría infantil e adulto.

O Concello traslada os seus parabéns ao Club Natación Ponteareas polo campionato galego e polo ouro de Sofía Carballo, Carla Alfaro e Pablo Cabana

A concellaría de Deportes, que dirixe en funcións Miguel Bouzó, en nome de todo o goberno quere dar os parabéns ao Club Natación Ponteareas que se alzou esta fin de semana co título de campión galego na clasificación conxunta. Tamén felicita ás nadadoras do Club Sofía Carballo que acadou a medalla de ouro e o título de campioa galega en 50, 100 e 200 braza e Carla Faro nos 100 estilos.

O Club Natación Ponteareas proclámase campión galego na clasificación conxunta

O campionato galego de natación de inverno, en piscina de 25 metros, chegou co comezo de ano e disputouse do 3 ao 5 de xaneiro de 2021. Como en todas as competicións que se celebran actualmente, estableceuse un protocolo fronte á Covid-19 que obrigaba a que se celebrase sen a presenza de público.

Ponteareas aproba o orzamento para o 2021 que supera os 18 millóns de euros

O concello de Ponteareas, no Pleno ordinario do mes de decembro celebrado o martes 29, vén de aprobar coa ampla maioría que conforma o goberno municipal de BNG-PSOE, 12 de 21 concelleiros, o orzamento para o exercicio 2021, despois de rexeitar as alegacións presentadas en base ao informe de intervención. Os partidos da oposición, PP e ACIP, cun total de 9 concelleiras/os votaron en contra.

O Pleno de Ponteareas aproba por unanimidade a adhesión do Concello ao Eixo Atlántico

A Corporación de Ponteareas vén de aprobar no último Pleno do ano, celebrado o pasado martes, a adhesión do Concello ao Eixo Atlántico, entidade que promove a cooperación entre Galicia e o norte de Portugal. O Concello xa solicitara formar parte da asemblea do Eixo Atlántico, que reúne a cerca de 40 municipios. A proposta do goberno BNG-PSOE foi aprobada por unanimidade recibindo tamén o apoio do PP e do grupo independente ACIP.

Mondariz e Covelo inauguran o obradoiro dual ‘Medrando entre todos/as’

O obradoiro dual "Medrando entre todos/as", organizado conxuntamente polos concellos de Mondariz e Covelo, xa está en marcha. Este mércores, 30 de decembro de 2020, foi inaugurado oficialmente na sede da Escola Municipal de Música de Mondariz (antigo C.E.I.P. Riofrío-Vilar) coa presenza da delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luisa Piñeiro; o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros.

O CIM agasalla ás crianzas un recurso lúdico educativo para contribuír a que a igualdade forme parte das vacacións de Nadal

O Centro de Información á Muller de Ponteareas (CIM) creou un recurso para as crianzas para contribuír, un ano máis, a que a igualdade forme parte das vacacións de nadal das nenas e dos nenos de Ponteareas.

A veciñanza poderá gozar do vídeo do Calendario Galego de Ponteareas a través do seu sitio web e das súas redes sociais

O Concello de Ponteareas compartirá, a través da súa páxina web e das súas redes sociais, o vídeo do Calendario Galego de Ponteareas 2021. Hoxe, día 30 de decembro, a partir das 21:00 horas descubriremos fermosas instantáneas que recollen unha parte do noso patrimonio cultural e natural, lugares únicos que o Concello quere difundir e pór en valor para que sexan coñecidos e aprezados pola veciñanza.

Ponteareas entrega os premios do ‘I Concurso de Relatos Ilustrados de Nadal’

A Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas en colaboración coa Asociación Comercial Banastra organizou o I Concurso de Relatos Ilustrados de Nadal, ambientados en Ponteareas, un certame que contaba con tres categorías e que contou cunha ampla participación: 23 relatos na categoría adulta, 10 en categoría xuvenil e máis de 30 na categoría infantil.

O Pontebike Team-Sportskids de Ponteareas incorpora a Óscar Barciela nas súas filas

O Club de Enduro/ Dh de Ponteareas, Pontebike Team, dá un paso máis no seu crecemento e para esta vindeira Tempada 2021 crea o seu Equipo de competición na Real Federación Española de Ciclismo, denominándoo Pontebike Team-Sportskids, e incorpora ao varias veces campión galego de motocrós e supercrós, Óscar Barciela Fernández.

Fernández-Tapias supervisa as obras de ampliación do IES Salvaterra de Miño que contan cun investimento de 587.000 euros

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, cifrou hoxe en máis de 3,1 millóns de euros as obras en execución en un total de nove centros de ensino público da área territorial de Vigo. A representante autonómica fixo estas declaracións coincidindo cunha visita ás obras de ampliación do IES Salvaterra do Miño, xunto á alcaldesa Marta Valcárcel, e acompañada polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, César Pérez Ares.

Xunta e Concello de Mondariz-Balneario colaborarán na recuperación da Fonte de Troncoso

A Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz Balneario colaborarán na recuperación e rehabilitación da Fonte de Troncoso, un ben catalogado e protexido que conta con importantes problemas de conservación. Así o anunciaron hoxe nunha visita o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o alcalde da localidade, José Antonio Lorenzo, á que tamén acudiu a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Mª Luisa Piñeiro.