Con motivo do Día das Persoas Usuarios de Bibliotecas a Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, recoñeceu aos e ás usuarias de honra. No Museo Municipal antonte luns tivo lugar a entrega dun lote de libros aos e ás socias con máis préstamos durante o ano 2020.
A alcaldesa en funcións e concelleira de Saúde, Cristina Fdez. Davila, alerta do aumento do número de casos de Covid-19 no noso concello. A cifra de onte é de 77 casos activos colocando ao Concello de Ponteareas cunha incidencia acumulada superior a 250, unha cifra que nos fará vivir novas medidas e restricións se así o determina a Xunta de Galicia tras a xuntanza do comité clínico que se celebrou na tarde de hoxe.
O concelleiro de deportes en funcións do Concello de Ponteareas, Miguel Bouzó, vén de anunciar a posta en marcha dun novo sistema de reserva das pistas de tenis municipais, situadas na Freixa.
O Catálogo de bens a protexer do Plan de Ordenación do Medio Rural de Mondariz Balneario aprobado no ano 2001 recolle o Hotel Roma como ben cultural obxecto de protección. Inaugurado no ano 1907, este antigo hotel sitúase no centro da vila balnearia e o seu estado de conservación chama a atención de todos os visitantes polo seu estado de ruína.
A xogadora da Escola do Billar Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, Carolina Represas, de tan só 15 anos, deu a sorpresa ao cheghar ás semifinais de II Copa de España Feminina de billar, proba na que se deron cita as mellores xogadoras do país.
A alcaldesa en funcións, Cristina Fernández Davila, en nome do grupo de Goberno, agradeceu hoxe o traballo voluntario do servizo de Protección Civil Ponteareas que nestes días desenvolve un operativo especial por mor das baixas temperaturas. Seis voluntarias e voluntarios adicaron neste días máis de 130 horas en procurar desprazamentos máis seguros nas estradas botando sal para evitar a formación de placas de xeo.
A Concellería de Mobilidade e Tráfico, que dirixe Roberto Mera, informa dos meses nos que o equipo móbil da Policía Nacional renovará os documentos nacionais de identidade en Ponteareas.
Os servizos sanitarios de urxencia atenderon a unha persoa á que lle pasou por riba o tractor que manexaba.
Ocorreu ás sete desta tarde de onte na PO252 ao paso pola localidade de Mondariz, tal e como indicou unha testemuña do accidente a través da súa chamada ao 112 Galicia.
A Unidade de Doazón de Sangue estará o vindeiro venres 15 e sábado 16 na avenida de Galicia, en Ponteareas. En horario de mañá e tarde o venres e só de mañá o sábado a unidade móbil atenderá a todas as persoas que desexen compartir saúde.
O concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, Roberto Mera, aclarou que o Grupo Municipal ACIP ten os partes da Policía Local ao seu dispor nas oficinas do departamento, onde poden examinalos libremente dende o mes de novembro. “Se non as examinou até hoxe sería porque non quixo”, explicou Mera.
O concelleiro de deportes en funcións do Concello de Ponteareas, Miguel Bouzó, vén de trasladarlle os parabéns do Goberno local ás e aos ciclistas ponteareáns que na tarde de onte venres disputaron o Campionato de España de Ciclocrós en Torrelavega e no que, Miguel Rodríguez proclamábase campión de España na categoría Junior Masculina e Isabel Castro facía o propio na Máster50 Feminina. Mentres, Uxía Soto acadaba o bronce na categoría Cadete Feminina.
A alcaldesa accidental e concelleira de Saúde, Cristina Fernández Davila, vén de dar conta do aumento de casos que a día de hoxe sitúanse en 44, mentres que onte eran 33. Fernández Davila amosou súa preocupación polo novo ascenso despois de ter baixado aos 21 e manterse dende o 28 de decembro ata o día de Reis.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.