11.7 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Unidade de Doazón de Sangue estará na avenida de Galicia o...

    A Unidade de Doazón de Sangue estará na avenida de Galicia o venres 15 e o sábado 16 en Ponteareas

    A Unidade de Doazón de Sangue estará o vindeiro venres 15 e sábado 16 na avenida de Galicia, en Ponteareas. En horario de mañá e tarde o venres e só de mañá o sábado a unidade móbil atenderá a todas as persoas que desexen compartir saúde.

    • Venres, 15 de xaneiro: de 10:00 a 14:00 e 16:30 a 21:00 horas
    • Sábado, 16 de xaneiro: de 10:00 a 15:00 horas

    A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da
    Consellería de Sanidade que engloba o centro de transfusión de Galicia. Entre os seus obxectivos atópase a subministración de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia de acordo coas súas necesidades.

    Cada día ADOS despraza dez unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos principais hospitais, na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender aos enfermos que as precisen.

    No desenvolvemento do seu traballo resulta imprescindible o apoio de todas as entidades que conforman a nosa sociedade, entre elas os concellos que facilitan a colaboración das súas
    veciñas e veciños.

    Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais
    encamiñadas a preservar a saúde de todos, traballamos con cita previa para escalonar a afluencia de doadores, evitando esperas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.