15.9 C
Pontevedra
Venres, 22 de Setembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasProtección Civil Ponteareas esparexeu preto de dúas toneladas de sal nas estradas...

    Protección Civil Ponteareas esparexeu preto de dúas toneladas de sal nas estradas municipais

    O goberno agradece o traballo voluntario de Protección Civil que seguirá traballando para procurar desprazamentos máis seguros

    A alcaldesa en funcións, Cristina Fernández Davila, en nome do grupo de Goberno, agradeceu hoxe o traballo voluntario do servizo de Protección Civil Ponteareas que nestes días desenvolve un operativo especial por mor das baixas temperaturas. Seis voluntarias e voluntarios adicaron neste días máis de 130 horas en procurar desprazamentos máis seguros nas estradas botando sal para evitar a formación de placas de xeo.

    En total esparexeron preto de dúas toneladas de sal. O xeo fórmase cando a auga acada os 0 ºC pero a auga cun 10 % de sal xea a partir de -6 ºC, de aí que sexa un recurso indispensábel para facilitar o tránsito nas estradas e reducir o risco de accidente.

    Mentres duren as baixas temperaturas Protección Civil seguirá desenvolvendo estes traballos tanto de día como de noite nas estradas municipais tantos nas parroquias como no centro urbano.

    Protección Civil Ponteareas atendeu a demanda da veciñanza e actuou na PO-253 (Fozara), na PO-254 (Pías), na EP-4001 (entrada Toutón), na EP-4003, en Souto do Pazo e na Ermida (Pías), en Cillarga, na estrada de Couso a Guláns, na Fraga do Rei (Santiago de Oliveira), no barrio de Canedo, no Outeiro do Foxo, Padrán e nas Valiñas (Guláns), tamén en O Porto na estrada que une Guláns e Cristiñade, na zona da residencia de Guillade, no Alcázar en San Mateo, nas Cortellas, en Arnoso e en Soutelo (Celeiros), entre outros puntos

    Tamén velaron pola seguridade no centro urbano combatendo a xeada con sal na zona do auditorio, na contorna da praza Bugallal e da praza Maior e no parque da Perillana.

    “Nestes días de inverno con moi baixas temperaturas pedimos a todas as persoas que extremen as precaucións ao volante e agradecemos o duro traballo realizado polo voluntariado de Protección Civil que traballa para mellorar a nosa seguridade mesmo en horas nocturnas”, engadíu a alcaldesa en funcións Cristina Fdez. Davila.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS