A xogadora da Escola do Billar Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, Carolina Represas, de tan só 15 anos, deu a sorpresa ao cheghar ás semifinais de II Copa de España Feminina de billar, proba na que se deron cita as mellores xogadoras do país.
Carolina só perdeu unha partida de todas as disputadas, xustamente fronte á xogadora catalá Silvia López, que finalmente sería a gañadora da proba.
Carolina conseguiu unha meritoria medalla de Bronce que engrandece aínda máis o deporte de billar no noso municipio. Tamén hai que mencionar as xogadoras ponteareás Diana Alvarez (14 anos) e Enma Alvarez (12 anos) que demostraron un gran nivel a pesar da súa curta idade e experiencia.
A Escola de Billar do Centro Artístico Sportivo, felicitou “a todas as valentes” que participaron na proba por xogar nunhas complicadas condicións marcadas pola pandemia e o temporal, e tamén trasladou a súa felicitación á organización da proba, que cumpriu con todos os protocolos de prevención fronte ao COVID e coidou todos os pequenos detalles da Copa de España.
Para a próxima semana membros da Escola de Billar Centro Artístico Sportivo, desprazásense a xogar a Salamanca onde se celebra a copa de España Masculina.