Domingo, 6 Xullo de 2025

O Condado

O CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas dase a coñecer a través dunha detallada visita virtual

A pandemia da COVID-19 co estado de alarma sanitaria que leva aparellado, fai que todos os sectores teñan, non só que adaptarse á nova situación, senón reinventarse para seguir mantendo a actividade. A Educación, actividade absolutamente imprescindible, non é unha exepción. Ante a imposibilidade de facer a tradicional xornada de portas abertas, a dirección do CEIP Fermín Bouza Brey optou por permitir que nais e pais a poidan facer a través dunha detallada visita virtual.

Ponteareas recoñecerá ás mulleres que romperon barreiras no mundo do deporte

A Concelleira de Igualdade, Verónica Carrera, retoma a Homenaxe á Muller que por mor da pandemia hai un ano, non puido celebrarse. A Homenaxe deste ano, adáptase por responsabilidade á situación sanitaria que estamos vivindo, dando a coñecer ás mulleres da nosa vila cunha exposición polo casco urbano. O obxectivo é o recoñecemento da labor realizada polas mulleres de Ponteareas, tanto a nivel persoal, laboral ou social, así como pola súa repercusión no termo municipal, no núcleo urbano ou no rural.

O Concello de Ponteareas convida a asociacións e colectivos a apoiar a candidatura do Mestre Groba aos ‘Princesa de Asturias das Artes 2021’

O Concello de Ponteareas remitiu, nas últimas semanas, unha comunicación ás entidades e colectivos ponteareáns para acadar un apoio masivo á candidatura para os premios Princesa de Asturias das Artes 2021 do Mestre Rogelio Groba Groba, o maior referente da creación musical galega co catálogo de obras máis amplo e recoñecido de Galicia.

Aprende a escribir textos teatrais da man dunha profesional

A Concellería de Cultura organiza un obradoiro de escrita teatral entre o 10 de marzo e o 16 de xuño. As sesións desenvolveranse os mércores de 18 a 20 horas e combinarán clases presenciais con outras a través de Internet.

Alumnado do CIFP A Granxa de Ponteareas participa nunha visita guiada polo patrimonio cultural do río Tea

Acompañados polo historiador do Museo Municipal de Ponteareas, o alumnado de Educación Ambiental do CIFP A Granxa asistíu a unha visita guiada polo Patrimonio...

O Pleno de Ponteareas apoia as propostas do BNG para a transferencia da AP-9 e a creación dunha comisión de investigación sobre a Escola...

O Pleno da Corporación Municipal de Ponteareas apoiou por unanimidade este martes a iniciativa do BNG para instar ao Congreso á transferencia da titularidade da AP9 a Galicia e á rebaixa inmediata das peaxes. O concelleiro do BNG Miguel Bouzó sinalou que “a historia da AP-9 é a crónica dun saqueo legalizado e da discriminación con Galiza por parte dos diferentes gobernos do PP e do PSOE".

Ponteareas peonalizará a rúa Domínguez Benavides onde se ubica a Escola Infantil

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, adiantou a intención do goberno local de peonalizar a rúa Escritor Manuel Domínguez Benavides, onde se ubica a Escola Infantil Municipal. O edil explicou que se trata dunha previsión contida no Plan de Mobilidade Urbana Sostíbel de Ponteareas que se pode levar xa a cabo.

Ponteareas organizará un segundo curso de lingua de signos logo de esgotar, en 48 horas, as inscricións para o primeiro curso

O Concello de Ponteareas oferta un curso en liña de Lingua de Signos (Nivel A1.1) e, en menos de 48 horas, as solicitudes de inscrición xa case duplican o seu aforo total. Ante tal demanda, a Concellaría de Cultura decidiu organizar un segundo curso coas mesmas características. Ambos os cursos inícianse o 2 de marzo e desenvolveranse durante os martes e xoves de marzo e abril, en horario de 18 a 20 horas, o primeiro, e de 19 a 21 horas, o segundo.

O Pleno aproba a modificación da ordenanza que permite ampliar a zona azul a novos horarios e lugares

O Goberno Municipal sacou adiante onte no pleno a modificación da ordenanza reguladora do estacionamento limitado gratuito que permitirá ampliar a coñecida como “zona azul” a novas rúas e lugares e a novos horarios.

O Club Tenis Ponteareas retoma a súa participación no Campionato Galego por Clubes

Esta próxima fin de semana renóvase o Campionato Galego por Clubes 2021 nas categorías absolutas masculina e feminina. A competición detívose na semana do 18 de xaneiro debido á suspensión de todas as competicións deportivas federadas por parte da Xunta de Galicia debido á delicada situación sanitaria. A única xornada disputada foi a primeira do sábado 16 de xaneiro, polo que a segunda quedou á espera de xogarse ata agora.

Rematadas as obras de mellora no abastecemento de auga de Lougares e Vilar en Mondariz

O Concello de Mondariz vén de certificar a finalización de dúas obras de mellora nas infraestruturas de abastecemento de auga nas parroquias de Lougares e Vilar, avanzando na súa estratexia de modernizar os servizos municipais máis básicos para a poboación.

A Policía Local de Ponteareas pon fin a unha festa na que participaban persoas non convivintes e sen máscara de protección

A Policía Local de Ponteareas intervíu este pasado domingo nunha festa no barrio da Quintela, na parroquia de Bugarín, na que participaban nove persoas. Os axentes foron alertados da celebración do encontro nunha casa abandonada. Ao achegarse ao lugar comprobaron que se escoitaba música e balbordo polo que requiriron tamén a colaboración da Garda Civil para maior seguridade.