15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasAprende a escribir textos teatrais da man dunha profesional

    Aprende a escribir textos teatrais da man dunha profesional

    A Concellería de Cultura organiza un obradoiro de escrita teatral entre o 10 de marzo e o 16 de xuño. As sesións desenvolveranse os mércores de 18 a 20 horas e combinarán clases presenciais con outras a través de Internet. Para este obradoiro ofértanse 15 prazas e as persoas interesadas poden anotarse no enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.gal e recibir máis información no 986 660 765.

    Laura Porto, dramaturga natural de Covelo, será a persoa encargada de impartir este curso. Acadou a súa titulación superior en Arte Dramática no ano 2019, na especialidade de Dirección de Escena e Dramaturxia. Desde entón, traballou como axudante de dirección de Marián Bañobre na compañía Olivas Negras durante a montaxe da peza 12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva e, como dramaturga e directora da compañía Amorod(i)o, no seu primeiro espectáculo, Reino da extinción, que se estreará este outono. Ademais, unha das súas obras, O senso da floración, será publicada proximamente no volume colectivo Dramaturxia galega actual, que edita Feira do Leste.

    “Despois do éxito das primeiras edicións dos obradoiros de teatro e de escrita creativa que se desenvolveron durante os anos 2019 e 2020, con Roi Vidal e María Lado respectivamente, que se centraron, sobre todo, no traballo actoral (na representación e na interpretación) e nos xéneros poético e narrativo, este ano quixemos ofrecer estoutra modalidade: a dramática ou teatral. E coa sorte de facelo, coma sempre, cunha persoa de primeira liña” comenta o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.