21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Club Tenis Ponteareas retoma a súa participación no Campionato Galego por...

    O Club Tenis Ponteareas retoma a súa participación no Campionato Galego por Clubes

    Esta próxima fin de semana renóvase o Campionato Galego por Clubes 2021 nas categorías absolutas masculina e feminina. A competición detívose na semana do 18 de xaneiro debido á suspensión de todas as competicións deportivas federadas por parte da Xunta de Galicia debido á delicada situación sanitaria. A única xornada disputada foi a primeira do sábado 16 de xaneiro, polo que a segunda quedou á espera de xogarse ata agora.

    O primeiro equipo do Club Tenis Ponteareas en disputar esta segunda xornada será o feminino. Farao o sábado 27 de febreiro ás 16:00 h nas pistas de A Freixa (Ponteareas) contra o equipo feminino do Club  Dereito  Empresariais de Ourense. Paralelamente a este, o partido do equipo masculino C do club pontareán contra o equipo masculino B do Club Tenis Porriño xogarase na segunda pista do recinto deportivo.

    A xornada continuará o domingo 28 de febreiro para o Club Tenis Ponteareas con dous partidos da categoría masculina. Ás 10:00 h, igualmente na Freixa, o equipo masculino A enfrontarase ao equipo masculino A do Club Tenis Cangas, mentres que o equipo B farao en O Porriño á mesma hora contra o equipo A do Club Tenis O Porriño.

    Todos os encontros que terán lugar tanto esta fin de semana como ata o final do campionato disputaranse baixo as normas de prevención pola Covid-19 impostas polas autoridades sanitarias e A Real Federación Española de Tenis.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.