22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Pleno aproba a modificación da ordenanza que permite ampliar a zona...

    O Pleno aproba a modificación da ordenanza que permite ampliar a zona azul a novos horarios e lugares

    A proposta contou co voto en contra do PP e de ACIP

    O Goberno Municipal sacou adiante onte no pleno a modificación da ordenanza reguladora do estacionamento limitado gratuito que permitirá ampliar  a coñecida como “zona azul” a novas rúas e lugares e a novos horarios. Segundo Roberto Mera, concelleiro de Mobilidade e Tráfico, a ordenanza en vigor dende 2008 “tiña contradicións e non regulaba con claridade esta posibilidade”. Coa modificación aprobada onte o Goberno Local ten a posibilidade de establecer a zona azul en novas rúas, algo que xa no seu día fixo o alcalde González Solla cando ampliou o estacionamento limitado á Praza de Bugallal e á rúa Constitución.

    Pero ademais, a modificación da ordenanza tamén permite establecer novos horarios. Actualmente a zona azul funciona entre as 9:00 e as 14:00. A pretensión da Concellería de Mobilidade é ampliar o horario ás tardes en determinadas zonas, atendendo a demanda de usuarios e comerciantes. Segundo Mera “estas medidas pretenden evitar que o espazo público sexa acaparado por uns poucos, facilitar que os estacionamentos os usen aqueles que realmente precisan ir a ese lugar en coche para unha xestión ou actividade e evitar que os aparcamentos públicos se convertan nunha especie de garaxes particulares ao aire libre onde depositar un coche cando non se precisa”.

    O edil nacionalista engadíu que “é necesario repartir mellor o estacionamento e con esta modificación poderemos darlle a máis persoas o dereito a usar o espazo que é público e de todos”. Entre as previsións do Goberno Municipal atópase implantar a zona azul no complexo Deportivo Álvaro Pino nos horarios de funcionamento das instalacións cun tempo máximo de estacionamento de dúas horas.

    No Pleno os partidos da oposición PP e ACIP votaron en contra da iniciativa do goberno.

    No pleno ordinario tamén se aprobou por unanimidade a moción do BNG de constituir unha Comisión Informativa Especial para a investigación das posibles responsabilidades políticas, patrimoniais e legais pola realización da ampliación da Escola Infantil Municipal no ano 2006 sen a autorización administrativa da Xunta de Galicia. Esta comisión de investigación, presidida por alcaldía, estará composta polos concelleiros e concelleiras que designe cada grupo municipal en proporción a súa representación (3 BNG, 2 PP, 1 ACIP e 1 PSOE).

    Ademais tamén se aprobou o convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para o servizo de asistencia en materia de protección de datos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.