Domingo, 22 Xuño de 2025

O Condado

O ciclo de teatro da Deputación chega este venres ás Neves coa obra “A louca historia de Galicia”

O Ciclo de Teatro da Deputación de Pontevedra “Tornar ás táboas” chega este venres 8 de decembro ata As Neves. O Auditorio Municipal será o escenario de “A louca historia de Galicia” que interpretará Fulano, Mengano e Citano a partir das 18:00 horas para público mozo e adulto. A entrada é libre ata completar aforo.

Concurso de slogans contra a violencia de xénero en Salvaterra

Onte tivo lugar no IES Salvaterra de Miño a entrega de premios da XIII edición do Concurso de Slogans contra a violencia de xénero que organiza o Concello de Salvaterra de Miño contando coa colaboración do centro educativo.

Ponteareas executa obras de mantemento do tellado da aula de Pías

A aula de Pías, pertencente ao Colexio Rural Agrupado A Picaraña, dispón xa do tellado reparado logo das obras de mantemento realizadas polo actual grupo de goberno tras as múltiples denuncias da ANPA do centro polo seu mal estado ao longo dos últimos tempos.

Salvaterra presenta a programación de Nadal

Chega o mes de decembro e o Concello de Salvaterra de Miño presenta a que será a programación de Nadal para os vindeiros días. Dende a Concellería de Cultura, que dirixe Lorena Soto, elaborouse un programa dirixido a tódalas idades con actividades moi atractivas.

Ponteareas aproba as bases reguladoras das subvencións para a rehabilitación de vivendas no casco histórico

O Concello de Ponteareas, a través de resolución de Alcaldía, vén de aprobar as bases reguladoras de subvencións incluídas no Programa de Axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de Barrio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que poden chegar ata 30.000 euros.

Luz verde á esperada construción do novo Centro de Saúde en Ponteareas

O Concello de Ponteareas vén de aprobar o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde, para a cesión dos terreos e a execución das obras de construción do novo Centro de Saúde na localidade.

Salvaterra instala contadores intelixentes

O Concello de Salvaterra de Miño destina preto de 50.000 euros a través da subvención do Fondo de Cooperación Local para investimentos destinados á modernización e á mellora das redes de abastecemento municipal.

O Concello pon a disposición das familias de Ponteareas o campamento Concilia-Tea Nadal

O Concello de Ponteareas anuncia a chegada de Concilia-Tea Nadal, un programa deseñado para ofrecer ás familias un espazo divertido e educativo para os máis pequenos durante as vacacións do Nadal.

Rematada a primeira fase das obras en Coto e o Couto, en Salvaterra

O Concello de Salvaterra de Miño vén de rematar as obras da primeira fase correspondente a primeira anualidade deste 2023 para a mellora de accesos en Coto (Oleiros) e o Couto (Salvaterra).

Salvaterra organiza un concurso de decoración de escaparates

Con motivo da chegada do Nadal o Concello de Salvaterra de Miño lanza un concurso de escaparates de Nadal para os establecementos e comercios da vila. A través deste concurso preténdese fomentar o espíritu destas datas e promocionar o comercio local.

Salvaterra aproba un convenio con Augas de Galicia para a execución da nova EDAR do Mendo

O Grupo de Goberno de Salvaterra presentaba ao pleno da corporación, para a súa aprobación, o convenio con Augas de Galicia para as obras da nova EDAR do Mendo.

Salvaterra mellorará o bombeo de Ponte Cordeiro

O Concello de Salvaterra de Miño está executando a través do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra varias obras de mellora nas instalacións de abastecemento.