6.2 C
Pontevedra
Luns, 29 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra mellorará o bombeo de Ponte Cordeiro

    Salvaterra mellorará o bombeo de Ponte Cordeiro

    O Concello de Salvaterra de Miño está executando a través do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra varias obras de mellora nas instalacións de abastecemento. Un investimento de preto de 100.000 euros para a adquisición dunha nova bomba que foi instalada a principios desta semana, substituíndo unha bomba VG-122 de 160 m3/h cunha potencia de 110 kw cun rendemento hidráulico de 77,6 € e motor IE2 por unha bomba VG-125 de 240 m3/h de potencia 160kw e un rendemento hidráulico de 79,7 % e motor de alta eficiencia, xerando así unha mellora de eficiencia combinada de máis do 10 %. Esta inversión posibilita ademais a ampliación da capacidade de captación e por outra banda a mellora da eficiencia, unha actuación prevista tamén dentro do Plan de Acción do Cambio Climático que leva a cabo o Concello de Salvaterra de Miño.

    Dentro destas obras, na Estación de tratamento procedeuse a instalar un contador para contabilizar o volume de auga que se inxecta á rede. No pasado ano xa se colocara un caudalímetro electromagnético na entrada do mesmo e diversas obras de modernización que se veñen acometendo nos últimos anos co fin de mellorar o servizo e iniciar a dixitalización de todo o ciclo.

    Co fin de mellorar a eficiencia do servizo e minimizar as perdas, na propia rede de distribución estase instalando un sistema de rexistro de caudais con contadores nos principais puntos de consumo así como en puntos estratéxicos da rede que farán que na próxima semana se realicen varios cortes no subministro para poder acometer as obras. Na estación de tratamento, concretamente na saída do depósito, instalaranse dous contadores, un para centro urbano e outro para as parroquias. A súa vez instalaranse ao longo da rede para rexistrar e controlar o caudal que vai a distintos ramais contadores para a EDAR, o Parque Público de A Canuda, as Ermitas – ramal Oleiros, Outeiro – ramal Pesqueiras e ramal Alxén-Cabreira – Porto – Arantei. Deste xeito poderanse discriminar os caudais para os distintos ramais e mellorar a detección de perdas, fugas ou consumos anómalos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.