Silleda converterase nestes días no mellor escaparate para o Corpus de Ponteareas. O Concello participará ata mañá domingo na Semana Verde de Galicia formando parte do stand do Xeodestino Condado-Paradanta
A aula CeMIT comeza o mes de setembro de maneira intensa con seis formacións gratuítas a disposición da veciñanza. Os cursos son de balde e as persoas interesadas poden solicitar información no teléfono 634 238 962 ou no correo [email protected]. O concelleiro Innovación, Benito Márquez, anima á veciñanza a asistir a uns cursos que “poden ser moi útiles a nivel laboral e educativo”.
O documental, enmarcado nun proxecto de recuperación do oficio tradicional de cesteiro en Mondariz, está producido pola compañía EscénaTe e conta con recoñecidos cineastas galegos no seu equipo artístico, como o director Fon Cortizo e o guionista Alexandre Cancelo.
Un dos sectores máis afectados pola situación sanitaria provocada pola Covid-19 , sen lugar a dúbidas, é o sector do comercio, afectado pola reducción de horarios de apertura e limitacións de aforo, así como polos peches temporais que viñeron impostos a un gran número de negocios.
O tenis é o deporte protagonista do inicio do mes de setembro en Ponteareas. O Club Tenis Ponteareas, en colaboración co Goberno local, organiza entre o vindeiro venres día 3 e o domingo 12 de setembro o 'Torneo de Tenis Concello de Ponteareas', un evento destacado na tradición deportiva da vila que acada xa a súa duodécima edición.
O concelleiro nacionalista do Concello de Ponteareas, Roberto Mera, denunciou onte a través dunha mensaxe na súa conta de Whatsapp, o que cualifica de "manipulación de cifras e conceptos" que o Partido Popular fai sobre os salarios dalgúns membros do Goberno a través duns folletos distribuídos entre a cidadanía. "A única intención é a de facer crer a opinión pública que eu e outros compañeiros e compañeiras do Goberno cobramos do concello 40.000 euros anuais", afirma o concelleiro na súa conta de mensaxería instantánea.
Ponteareas planificou un verán cheo de actividades e aventuras para os nenos, e así foi. Máis de 400 menores desfrutaron dos campus do Concello durante xullo e agosto.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou o CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón en Salvaterra do Miño para anunciar a licitación por case 885.000 euros da rehabilitación integral deste centro educativo.
O vindeiro venres 3 de setembro o comercio local de Ponteareas colgará o cartel de rebaixas. Banastra de Ponteareas e a Asociación de Comerciantes Tea organizan a segunda edición de “Mercaserán”.
Antes de acabar este 2021 o alumeado público das Neves estará composto íntegramente por luminarias LED, de xeito que este concello será o primeiro do Condado que completará a renovación integral deixando definitivamente atrás o vello 'sistema' de vapor de mercurio.
A organización da LXII Festa do Viño do Condado do Tea deu a coñecer coñecer os viños premiados na cata Á procura dos Viños Deliciosos do Ano, que tivo lugar o pasado sábado, 28 de agosto, na Casa do Viño.
A Biblioteca Municipal de Ponteareas continúa ofrecendo actividades para os máis pequenos e pequenas da vila. O vindeiro xoves entre as 11:30 e as 13:30 acollerá unha xornada de xogos e contacontos para incentivar a lectura dende a diversión. A participación está dirixida a nenas e nenos entre 3 e 12 anos, é de balde, e a inscrición pódese facer na biblioteca, no teléfono 986 660 765, ou en [email protected].
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.