Este sábado dispútase en Mondariz, o primeiro Campionato Galego de Pumptrack, da man de Sportskids e Pontebike Team, coa colaboración do Concello de Mondariz e todo iso organizado pola Federación Galega de Ciclismo.
A Deputación de Pontevedra organiza esta semana 10 saídas no marco do programa provincial “En Ruta coa Depo”, unha iniciativa que ofrece aos colectivos sociais da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia, ocio e tempo libre en lugares emblemáticos do territorio provincial.
A concelleira de Servicios Sociais e Sanidade do Concello de Mondariz, Mª José Álvarez Rodríguez, ven de rexistrar unha queixa formal na Xerencia de Atención Primaria de Vigo, polo traslado temporal dun médico do centro de Saúde de Mondariz a Salvaterra. A esta situación engádese o feito que ata o 14 de agosto, non disporá o Centro de Saúde de servizo de Pediatría.
Esta semana, veciños da parroquia de Lougares puideron sentir os ruídos dunha escavadora no barrio do Couto. Baixo a atenta mirada do concelleiro de Mobilidade e Urbanismo, Leopoldo Tato, os operarios avanzaron na apertura dunha nova e necesaria captación de auga.
A Xunta de Goberno da Deputación vén de dar luz verde a unha achega da Liña 1 do Plan Concellos por preto de 70.000 euros (67.352 €) para Mondariz, que irá destinada á terceira fase da reforma integral da escola de Redo de Vilar, que está en proceso de converterse nun novo centro comunitario para a veciñanza da vila.
Desde que baixou do limiar dos 5.000 habitantes e viu reducidos os ingresos recibidos do Estado, o Concello de Mondariz presenta desequilibrios estruturais entre ingresos e gastos que inciden na situación económica-financeira da entidade local.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, ADEGA, no marco do Proxecto Fluviatilis, continúa coas actividades programadas de xestión e control de flora exótica invasora co obxectivo de dar a coñecer as problemáticas ambientais que ameazan os ecosistemas fluviais e facilitar a participación cidadá a través de accións de voluntariado ambiental.
Para un menor dicir non a consumir algún tipo de substancia pode ser difícil. Moitas veces beben ou fuman por primeira vez por presión de grupo. Porque os demais tamén o fan. Esta dinámica é sobre a que traballan a Asociación Érguete e a Deputación de Pontevedra co seu programa Coñece-Decide.
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno as subvencións do departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico para editar -en formato papel, audiovisual, mixto e ou especial- traballos en galego sobre diversos temas relacionados coa provincia de Pontevedra.
Un ano máis, o Concello de Mondariz organiza un Campaverán para favorecer a conciliación laboral, familiar ou persoal das familias en período non lectivo e ofrecer unha alternativa de lecer e tempo libre que axude a fomentar o desenvolvemento integral das participantes a través da educación en valores dunha maneira lúdica.
Un ano máis, o Concello de Mondariz celebra o "mes da lingua" cunha extensa e variada programación de actividades socioculturais que poñen o foco na lingua e na cultura do noso país.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.