Á vista do estado de conservación das árbores da Praza de España, o Goberno municipal de Mondariz tomou a decisión de cortar as cinco máis danadas para evitar riscos en materia de seguridade. Durante a xornada laboral do xoves, varios operarios municipais completaron a tarefa coa axuda de dous vehículos con guindastres. Unha vez derrubados, os pés das árbores amosaban un estado de podremia interna que xustificaba a medida.
O concelleiro de AporM, Tino Menéndez, e o portavoz municipal, Xoán C. Montes Bugarín, veñen de rexistrar no Concello de Mondariz unha iniciativa na que instan ao goberno municipal a levar a cabo os traballos de limpeza e acondicionamento urxente da decantadora de Vilasobroso.
A Deputación de Pontevedra vén de distinguir co ‘selo Revitaliza’a catro negocios e ao CPI de Mondariz por compostar de maneira responsable o seu lixo orgánico.
As obras de rehabilitación enerxética da Casa Consistorial e do edificio que acolle a Escola Municipal de Música de Mondariz xa foron licitadas e comezarán antes de final de ano.
A Praza de Abastos de Mondariz acollerá, o vindeiro sábado 13 de novembro a partir das 20:00 horas, un orixinal evento de cociña en directo ou showcooking con ingredientes suministrados principalmente por produtores locais, que tamén inclúe un menú de degustación composto por catro pratos e viño do país.
Alternativa por Mondariz (AporM) vén de pedir ao Goberno local BNG-PSOE a retirada dun dos artigos das bases que regulan a concesión de subvencións municipais polo que se obriga ás asociacións que reciban subvencións municipais "a colaborar nos actos que organice o Concello" e insta a recuperar o modelo de subvencións nominativas "con criterios obxectivos", sinala o seu portavoz, Xoán Carlos Montes Bugarín.
O Concello de Mondariz inclúe esta actividade dirixida á mocidade na súa programación cultural de novembro para concienciar sobre a violencia de xénero en vésperas do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
O Concello de Mondariz vén de facer efectivo o cambio de modelo nas subvencións municipais para actividades socioculturais organizadas por colectivos sociais do ámbito veciñal.
Á vista do estado de conservación das árbores da Praza de España, o Goberno municipal de Mondariz está valorando un plan de acción para substituír ou eliminar as máis danadas e garantir a seguridade deste espazo público de gran actividade social.
O Concello de Mondariz intensifica en novembro a súa programación de actividades culturais, cun ciclo de cinema feminista que permitirá disfrutar de filmes nacionais e internacionais protagonizados por mulleres todas as semanas do mes.
Superada a emerxencia sanitaria que trouxo a Covid-19, o Concello de Mondariz recupera este último trimestre de 2021 varias actividades iniciadas en 2019 que foron suspendidas o ano pasado.
Os alcaldes de Mondariz e Tui, Xosé Emilio Barros e Enrique Cabaleiro e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, participaron este pasado domingo no antigo matadoiro de Mondariz á homenaxe ás seis persoas asasinadas en Mondariz polo réxime franquista –veciños de Tomiño e Tui– a fin de atemorizar á sociedade logo do golpe de Estado.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.