13.1 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz abre a inscrición para o 'escape room' «Rexeita o maltrato»

    Mondariz abre a inscrición para o ‘escape room’ «Rexeita o maltrato»

    O Concello de Mondariz inclúe esta actividade dirixida á mocidade na súa programación cultural de novembro para concienciar sobre a violencia de xénero en vésperas do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

    O 20 de novembro, a partir das 19:30 horas, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Mondariz organiza unha actividade gratuíta de escape room para mozos e mozas na Praza de Abastos da localidade, coa violencia de xénero como tema principal.

    “Tendo en conta que o 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, esta actividade serve para concienciar á mocidade a través do xogo”, sinala Anxos Carballo, concelleira responsable de Cultura, Igualdade, Educación e Mocidade en Mondariz.

    O escape room é un xogo de investigación e escapismo por equipos. No pasado mes de agosto, Mondariz xa acolleu un escape room urbano na Praza de España sobre mulleres na historia, e agora volve repetir a experiencia da man da empresa “Territorio Comanche”, que é unha referencia no deseño destas actividades de aventura.

    O prazo de inscrición para participar no escape room do 20 de novembro en Mondariz xa está aberto. Os equipos deben estar formados por entre 3 e 5 persoas con idades comprendidas entre 13 e 18 anos, aínda que as menores de 13 tamén poden participar se van acompañadas dunha persoa adulta. Os equipos deben inscribirse na OMIX de Mondariz a través de teléfono (680 964 461) ou correo electrónico (omix@mondariz.gal) antes do 17 de novembro.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS