Venres, 2 Maio de 2025

Mondariz Balneario

A Escola de Restauración de Bens Culturais de Galicia pide medidas para evitar a desaparición da Fonte de Troncoso

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia considera “de vital importancia que se leve a cabo a consolidación das cabeceiras dos muros” da Fonte de Troncoso, en Mondariz Balneario, antes do inverno.

Adenco, 30 anos de duro traballo de divulgación da micoloxía

As Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista ADENCO chegan este ano á súa trixésima edición, unha actividade en torno ao mundo dos cogomelos que se desenvolve de maneira ininterrumpida desde a constitución do colectivo en 1990. As Xeiras son un referente no mundo da micoloxía no sur da Provincia de Pontevedra

Plataforma veciñal para a defensa da Fonte de Troncoso, un primeiro paso para a conservación do patrimonio

Din que todo camiño comeza por un primeiro paso e, dende esa perspectiva, a constitución dunha plataforma veciñal que poña voz á desfeita que se está a facer coa Fonte de Troncoso de Mondariz Balneario, obra do arquitecto Antonio Palacios e que podería ser cualificada, sen temor a equivocarnos, de atentado ao patrimonio, é un primeiro paso e, como tal, o máis importante.

Balneario de Mondariz, líder dos destinos elixidos polas españolas para viaxes individuais

Balneario de Mondariz lidera a clasificación dos destinos elixidos polas españolas para viaxes individuais, segundo acaba de publicar La Guia Fememnina, revista dixital nacional construída por mulleres e enfocada a mulleres, que destaca á vila termal galega na nova moda, que crece cada ano, de viaxes en solitario para reencontrase ou descansar da familia.

A veciñanza de Mondariz Balneario di non ao abandono da Fonte de Troncoso

Medio centenar de persoas mobilizáronse de urxencia o pasado domingo 25 para dignificar a histórica fonte de Troncoso, en Mondariz Balneario, obra do arquitecto Antonio Palacios, patrimonio do pobo de Mondariz Balneario e inmoble recollido no catálogo de bens protexidos.

A veciñanza de Mondariz Balneario mobilízase na defensa da «Fonte de Troncoso»

A veciñanza de Mondariz Balneario vén de convocar, para o vindeiro domingo, 25 de agosto, unha iniciativa que quere ser o primeiro paso para a recuperación dun extraordinario ben patrimonial sumido no máis absoluto dos abandonos, como é a «Fonte de Troncoso».

O “abandono” da Fonte de Troncoso en Mondariz Balneario chega ao Parlamento Galego da man do BNG

O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, alertado polo Grupo Municipal do Bloque en Mondariz Balneario, visitou a Fonte de Troncoso para coñecer de primeira man o estado deste ben patrimonial tras o derrube da súa cuberta.

César Gil chama a abrir “un tempo novo” co BNG para revitalizar Mondariz Balneario

O candidato do BNG á alcaldía de Mondariz Balneario, César Gil, presentou ante un cento de persoas as principais propostas do proxecto do Bloque...

Millán Salcedo descansa no Balneario de Mondariz antes da estrea do seu novo show

Os asiduos ao Balneario de Mondariz gozaron estes días coa presenza dun dos humoristas máis populares do noso país, Millán Salcedo –ex Martes y...

Comeza a XV Edición do Advanced Management Program do «IE Business School» de Galicia

O IE Business School cumpre 15 anos formando aos executivos galegos na súa sede do Balneario de Mondariz, un aniversario moi especial xa que foi en...